Equipo Directivo

Equipo Directivo do curso 2016-17

O Equipo Directivo do curso 2015-16 está configurado do seguinte xeito

 

Director Xefa de Estudos Secretaria

Pablo Fernández Otero

(E-Mail de contacto informal para as familias:

oteacherpablo -arroba- gmail.com)

 

 Luisa García Garrido

(E-Mail de contacto informal para as familias:

luisavite1 -arroba- gmail.com)

                                                                

 

Pilar Grille Hermida

(E-Mail de contacto informal para as familias:

secrevite -arroba- gmail.com)

                                                                     

Guía de como actuar

Sabes como actuar cando hai un problema no cole?

O Plan de Convivencia, aprobado por todos os representantes da Comunidade Educativa, é claro: se tes un problema, unha dúbida, unha queixa... os pasos a seguir son os seguintes:

 

1º Paso- Falar coa titora do teu fillo ou filla (se o que queres consultar é sobre un especialista, fala coa titora e ela concertará unha cita co profesorado especialista en cuestión).

Se con isto non hai unha solución que consideres favorable, pasamos ao...

2º Paso- Falar co Equipo Directivo. Quizáis eles, tras enterarse de cal é o problema, poidan solucionalo por outras vías, xa que temos contacto con Inspección, o Concello, Departamento de Persoal da Xunta. 

Buscaremos, dentro do centro, solucionar dúbidas, inquedanzas, problemáticas na convivencia. Xa por medio do equipo docente, xa por medio de medidas tomadas dende o Consello Escolar. É importante mesmo que faledes coa ANPA, xa que é un órgano que vos pode informar e axudar.

Sempre, ademais, podedes facer unha solicitude formal e presentala por rexistro na secretaría do centro.

Se, dado o caso, considerades que dende o centro non se atopou unha solución, pasaredes ao...

3º Paso- Contactar con Inspección Educativa e os órganos superiores de Educación. Este paso é xa cando vedes que os pasos 1º e 2º non funcionaron.

 

Agardemos que, dado que somos un centro pequeno, poidamos arranxar as cousas dun xeito cercano e humano. Saltar os pasos non consegue nada más que a ruptura da convivencia, crear máis problemas para o centro e, probablemente, divisións onde non debe habelas. Se queremos que se nos tome en serio como centro, actuemos coma un centro serio.

 

Coa esperanza de que esta guía valga de algo,

Pablo Fernández Otero

Director do CEIP de Vite

Carta ao Reis Magos

Queridos Reis Magos:

 

Este ano no CEIP de Vite estamos tendo un ano complicado. Por algún erro no CADP non se nos adxudicou todo o persoal docente que precisabamos, e tivemos un mes de setembro e parte de outubro moi costa arriba. Tanto o claustro como a ANPA estivemos traballando para que ese erro se arranxase e, parcialmente, conseguímolo.

Grazas ao esforzo da nosa Comunidade Educativa temos o mesmo persoal do ano pasado, máis unha profe para facer un desdobre e ter así un 1ºA e un 1ºB. Pero no noso cole fai falla máis persoal docente. Sobor de todo de PT e de AL.

Tamén grazas ao esforzo realizado podemos contar cunha auxiliar ("coidadora") máis. E, ás veces, andamos apurados.

Por iso pedimos aos Reis Magos que este ano que comeza teña un remate de curso sen incidencias nin problemas graves que nos permita continuar coa nosa rutina.

Pedimos que esa rutina só se rompa cando as excepcionais profesionais coas que contamos adopten enfoques, metodoloxías e estratexias educativas que fagan partícipe ao alumnado, ás familias e a todos os axentes da nosa contorna, dende o Concello aos museos, pasando polo alumnado de Prácticum de Maxisterio que vén a aprendernos cousas e a aprender de nós, até as distintas asociacións coas que colaboramos.

Pedimos que o noso comedor siga funcionando con normalidade, e que as nosas actividades extraescolares sigan interesando e aumentando en número de usuarios e oferta.

Pedimos que a nosa ANPA siga sendo como é, que aumente o número dos seus asociados e que nos manteña ao tanto de todas as inquedanzas que teñan as familias.

Pedimos que, cando se fale de nós, non se minta ou se diga o que non é. Nin para dicir que somos un centro marxinal nin para dicir que somos un centro privilexiado. Nin estamos tan mal, nin estamos tan ben. Estamos, que xa é dabondo. O que queremos é seguir traballando para os nosos usuarios: o alumnado, e buscar que sexan todos e cada un dos nosos alumnos e alumnas excelentes e, sobor de todo, boa xente.

 

Porque nesta vida os haberá que cheguen a ser cociñeiros, e doutoras en astrofísica, e granxeiros, e pintoras, e bombeiras, e vendedores, e limpadoras, e filósofos, e cantantes, e deseñadoras gráficas, e enfermeiros, e actrices, e escritores, e carteiras, e empresarios, e enxeñeiras, e alcaldesas... e igual algún mestre ou mestra... Pero se conseguimos que sexan boa xente, curiosa, sociable, honrada e leal, agarimosa, solidaria, empática... humana... xa será todo un honor ter participado na súa educación.

 

Moitas grazas Reis Magos,

O Teacher Pablo, director do CEIP de Vite

Powered by Drupal - Design by artinet