E. D. e N. Lingüística

Felicidades a Héctor Cajaraville polo premio Xerais 2015

Xa o gañou en xuño, pero o pasado venres, na compostelá libraría Couceiro, el tivo un momento de lembranza para o CEIP de Vite: GRAZAS!

Gracias polo Apoio, maese Héctor

Comunícannos que Héctor é ex-vitense: parabéns a este veterano de Vite

 

Coñecer Galicia I

Parte do traballo sobre o Proxecto Coñecer Galicia que estamos levando a cabo

(Exposición na entrada do cole)

 

 

 

 

Día da Paz

O 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Dende o grupo de Dinamización nos dan moitas ideas para traballar nas aulas, dende as que recomendamos estas dúas especialmente:

 

 

Se somos quen de educar no respecto e na tolerancia, crearemos futuros adultos que respecten e toleren.

 

Manuel María: Letras Galegas 2016

O 17 de Maio do ano 2016 será a grande celebración dun autor galego de sobras coñecido, Manuel María

 Dende o noso cole e, na medida das nosas posibilidades, tentaremos facer honra do escritor de versos tan fermosos coma:

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar! 

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"

Powered by Drupal - Design by artinet