Novas

Admisión 2017

Rematado o prazo de solicitude de praza, informamos que toda solicitude que chegue a partires de agora será rexistrada como "fóra de prazo". Nos vindeiros días informaremos ás familias solicitantes de si é preciso ou non baremar, e os documentos que teñen que traer de ser preciso facelo.

Seguiremos informando.

 

Normativa a respecto da Admisión de Alumnado Curso 2017/18

Colgamos como engadido o documento que, dende hoxe, está exposto no taboleiro exterior e na conserxería coa normativa vixente sobre admisión. 

 

 

 

Breve con respecto á Reserva, Solicitude de Admisión de Prazas e Formalización de Matrícula.

Breve explicación sobre os procesos de Reserva, Solicitude de Admisión de praza e Formalización de Matrícula.

 IMPORTANTE (1/2/2017): Xa temos a Orde de Admisión 2017-18, podedes consultala nesta ligazón. Procedemos a cambiar os documentos de Reserva e Admsión actualizados.

  • RESERVA DE PRAZA: A reserva a deben facer os alumnos de 6º de primaria que pasan ao IES Xelmírez II. É o noso centro adscrito e non hai outra opción de RESERVA. Implica que esa praza é do alumno e ten dereito a ela por pertencer ao CEIP de Vite.

Os modelos de reserva se entregarán ao alumnado e serán devoltos á titora; o equipo directivo comprométese a levalos ao IES sempre que se entreguen completos en tempo e forma.

O prazo é do 1 ao 15 de Febreiro

No caso de que non se faga esta reserva a praza reservada no IES Xelmírez II PÉRDESE.

 DOCUMENTO DE RESERVA

 

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE PRAZA: Para todos aqueles que soliciten centro no nivel de 4º de Infantil (3 anos) o proceso vai do 1 ao 20 de MARZO. Todos aqueles que queirades abandoar o CEIP de Vite, ou solicitar praza no noso cole para o curso que vén deberedes entregar no centro que prefirades a SOLICITUDE de praza en tempo e forma, no mesmo prazo.

Todos aqueles que estean escolarizados neste curso 2016/17 e soliciten outro centro para o curso 2017/18 NON PERDEN a praza que teñan. De non obter praza no centro ao que queiran cambiar simplemente quedan como estaban.

Lembrade que só se pode presentar UNHA solicitude con todos aqueles colexios que prefirades. 

O prazo, repetimos, é o 1 ao 20 de MARZO.

 IMPORTANTE para os de SEXTO: Todos aqueles que reserváchedes praza pero que finalmente cambiedes de opinión e prefirades solicitar noutro IES, ANTES de solicitar debedes retirar a reserva contactando co Xelmírez II. De non facelo perderedes tanto a reserva como a nova solicitude!

DOCUMENTO DE SOLICITUDE

 

  • ADMISIÓN: O proceso de admisión abrangue dúas fases:

- ASIGNACIÓN de praza: na que recollemos todas as solicitudes e comprobamos que teñamos vacantes suficientes. De non telas, teriamos que baremar todas as solicitudes e admitir ou non admitir aos alumnos segundo o seu baremo. Contra esta baremación poderedes presentar recurso se non estades de acordo. 

NOTA: O Consello Escolar do CEIP de Vite resolveu, dentro do artigo 9.3i do Decreto 254/2012 (Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, e que terán que facerse públicos polos centros con anterioridade ao inicio do proceso de admisión: 1 punto de baremo.) adxudicar ese punto a todas aquelas solicitudes nas que os TRES primeiros centros que se soliciten sexan da rede de centros públicos dependentes da Consellería de Educación.

A lista provisional de admitidos e excluídos presentarase no muro de informacións do colexio e na páxina web antes do 25 de ABRIL

- ADMISIÓN definitiva: despois de reunirse a comisión de presentarase unha lista definitiva de admitidos antes do 15 de MAIO.

 

  • FORMALIZACIÓN: o proceso de formalización de matrícula será o momento en que realmente o alumno é matriculado no centro, adquirindo a súa praza definitivamente. O proceso vai do 20 ao 30 de XUÑO.

DOCUMENTO DE ADMISIÓN AO CEIP DE VITE

DOCUMENTO DE ADMISIÓN NO IES (PARA SEXTO)

 

Sinalamos que dende este ano poderedes tamén facer todos estes trámites vós mesmos usando o portal da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Festival 20 de Decembro

Estimadas familias:

Mañán teremos un encontro con vós para compartir un ratiño do festival. Por favor, pregámosvos que sexades puntuais, agardedes a ser chamados para entrar e que fagades un uso racional do aparcamento. Estes días un grupo de artistas gráficos renovará o mural exterior, precisando espazo para poder facelo. Solicimatos a vosa colaboración para que todo funcione de xeito doado e fluído.

Lembrade tamén poñer algún papel identificativo enriba do cadro de mandos para poder avisarvos rapidamente no caso de que teñades que mover os vosos coches

Grazas.

Conciliación NADAL

O venres día 18 de novembro abreuse o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar de Nadal 2016, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía. 

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016, e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2017 de nos CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no  Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos. 

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición. O prazo de inscrición estará aberto dende o venres día 18 de novembro ata o venres 2 de decembro de 2016.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

PS: Adxuntamos 2 arquivos para a inscrición.
 

Máis información:

Departamento de Educación e Cidadanía
Edificio CERSIA
Rúa Álcalde Raimundo López Pol, s/n-San Lázaro
Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511
dptoeducacion@santiagodecompostela.gal <mailto:dptoeducacion@santiagodecompostela.gal> ; www.santiagodecompostela.gal

Eleccións ao Consello Escolar (4)

Presentamos nos adxuntos as papeletas que se usarán para as Eleccións do vindeiro 29 de Novembro.

 

 

Eleccións ao Consello Escolar (3.1)

A toda a Comunidade Educativa:

 

A Xunta Electoral, reunida onte 8 de Novembro, deu en aceptar e validar todas as candidaturas entregadas no centro. 

Entre as familias os candidatos serán: 

 

-Raquel Bernárdez Rodal

-José Luis Soto Campos

 

Tamén se aprobaron os censos e o sorteo de titulares e suplentes da mesa electoral do día 29. Con algunhas das familias que saíron no sorteo xa falamos e agradecemos a súa colaboración. 

Titulares de Mesa Suplentes da Mesa
Mosquera Mosquera, Montserrat/García Oubel, Miguel Alves Almeida, Jhennifer/Espiña Eibes, Leoncio Javier
Jiménez Cerreduela, Elisa/Rosillo Jiménez, Antonio Cebey Quintáns, José Antonio
Castro Mosquera, Sandra/Fdez. Fdez., Eladio Diego Luque Indiano, Diana/Pena Rendo, Javier
Santos Asorey, Raquel/Lema Caamaño, Lino Sánchez Mancebo, Beatriz/Lareo Rguez. Marcos Antonio

 

Mandaremos a información relativa á votación ao longo a semana que vén.

Censo de Titores Legais

Publicamos o censo de titores legais para a votación de mañán da xunta electoral, para a presentación de candidaturas, formación da mesa electoral e eleccións finais da parte de pais, nais e titores legais da renovación do consello escolar.

Estes datos están no tablón de anuncios exterior.

 

Calquera posible erro deberá ser notificado ao centro coa máxima celeridade.

 

Aberto o Prazo de Matrícula para Madrugadores e Comedor Escolar

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2016-2017

 

 

CENTROS ESCOLARES                                                              

 

NOME

ENDEREZO

XANTAR

ALMORZO

CEIP APÓSTOLO SANTIAGO

RÚA  DE BETANZOS 55. ALMÁCIGA S/N

SI

SI

CEIP CARDEAL QUIROGA PALACIOS

AVENIDA VILLALDÍA 33-

SI

SI

CEIP DAS FONTIÑAS

RÚA DE ROMA,15

SI

SI

CEIP DE ROXOS

RÚA DA BARROSA, 74 - ROXOS

SI

SI

CEIP DE VITE I

BURGO DAS NACIÓNS, 8

SI

SI

CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI

LUGAR DA ESQUIPA. A SABUGUEIRA

SI

SI

CEIP MONTE DOS POSTES

RÚA FONTIÑAS 79

SI

SI

CEIP RAÍÑA FABIOLA

RÚA ENTREGALERAS 15

SI

SI

CEIP RAMÓN CABANILLAS

JOSE SOUTO PAZ, 5

SI

SI

CEIP A. CASAS NOVOA

 A SIONLLA DE ABAIXO, 10

NON

SI

 

 

LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE MATRÍCULA

 

  • Prazo de matrícula: do 27 de xuño ata o 11 de xullo 2016 (ambos os dous incluídos).
  • O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.

 

  • modelo oficial poderá descargarse da páxina web do Concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.gal ou solicitalo no Departamento de Educación e Cidadanía (Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), así como nos centros de ensino obxecto desta convocatoria. 
 
  • Os servizos de comedor e madrugadores prestaranse todos os días lectivos do curso escolar, dende o primeiro ata o derradeiro día establecidos no calendario escolar 2016/2017, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, isto é o período comprendido entre o 12 de setembro de 2016 e o 23 de xuño de 2017 (ambos os dous inclusive).

     

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

     

    §         Impreso de matrícula cuberto,  de acordo co modelo normalizado.

     

    RÉXIME DE PREZOS AUTORIZADOS POLO CONCELLO

     

    • Unha vez que se produza a adxudicación do servizo, a Xunta de Goberno Local acordará os prezos por menú a pagar por cada comensal  para o curso escolar 2016-2017.

     

     

 

MÁIS INFORMACIÓN:

 

 

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Tfnos.: 981 554 400 / 401

Fax:  981 571 511

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

www.santiagodecompostela.gal

Powered by Drupal - Design by artinet