Novas

Becas MECD

Lembramos a ligazón para solicitar becas para alumnado NEAE:

 

 

 

https://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html

 


Prazo até o 28 de setembro!

Libro de Sociais de 3º de Primaria

Algunhas familias fixéronnos notas que a edición do 2014 do libro de Vicens vives de Ciencias Sociais está descatalogada e sacaron libro novo. O novo ISBN sería 9788468237893.

 

Sinalamos que os do Fondo de Libro que temos nós son da edición "vella". 

 

Sentimos as molestias.

Campamentos de Verán da Diputación

Pasamos información para os campamentos de verán 2017.

 

 

Axudas do Concello para o comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Ligamos o Boletín Oficial de Provincia onde se publica a convocatoria de axudas para o curso que vén.

 Anuncio

 Nota de Prensa

Bases para participar

 

 

Conciliación: Escolas de Verán 2017

Escolas de verán 2017. Programa municipal de conciliación

Inscrición do 15 ao 29 de maio 
 

Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e do tempo de lecer, ademais dun apoio e recurso para facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal das familias no tempo de vacacións, que se desenvolverán en instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola.


Os destinarios son nenos e nenas escolarizados en centros de educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

As quendas son as seguintes:

 

1ª Do 26 de xuño ao 30 de xuño de 2017 (5 días)

2ª Do 3 ao 7 de xullo de 2017 (5 días)

3ª Do 10 ao 14 de xullo de 2017 (5 días)

4ª Do 17 ao 21 de xullo de 2017 (5 días)

4ª Días 24, 26, 27, 28 e 31 de xullo de 2017 (5 días)

5º Días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro de 2017 (6 días).

 

As familias poderán escoller quendas ou días soltos.

 

Horarios e servizos:

 

Servizo de almorzo: De 7,45 ás 16,00 h.

Obradoiros e actividades: de 9 a 14 horas.

Servizo de xantar: de 14 a 16 horas.

 

Máis información:

 

Tel: 981 55 44 00 -01   Fax: 981 57 15 11 

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal    www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/
 

Prazos de inscrición e matrícula:

Do 15 de maio ao 29 de maio de 2017

 

Ficha de inscrición e matrícula:

Descargar en www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/

 

Inscricións: 

Entregar a ficha de inscrición no Rexistro xeral ou auxiliar do concello de Santiago.

Admisión Definitiva

Procedemos a publicar a Admisión Definitiva de Alumnado.

 

Lembrámosvos que podedes consultar os seguintes pasos nesta LIGAZÓN.

Reunións Trimestrais

Estimadas familias:

As reunións trimestrais de titoría serán:

Martes 2 de Maio: 16:30 (4º e 5º de Infantil e 2ºA Primaria) / 17:30 (4º e 5º de Primaria)

Martes 9 de Maio 16:30 (1º Primaria) / 17:30 (6º de Primaria)

Os grupos de 6º de Infantil,  2ºB e 3º de Primaria terán a reunión máis adiante por decisión das titoras.

 

Grazas e un saúdo.

Listaxe Provisional de Admitidos curso 2017-18

Procedemos a colgar no taboleiro de novas e na web as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2017-18. Podedes acceder aos PDFs nos adxuntos a esta entrada (abaixo á dereita) ou clicando na imaxe.

Agardaremos prudencialmente a calquera reclamación e antes do 15 de Maio, tal e como di a orde, publicaremos a listaxe definitiva.

 

 

Programa municipal de conciliación de Semana Santa 2017 (2 arquivos adxuntos)

Programa municipal de conciliación de Semana Santa 2017

Hoxe, venres día 24 de marzo ábrese o prazo de inscrición no Programa Municipal de conciliación familiar de Semana Santa 2017, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía, e permanecerá aberto ata o próximo martes 4 de abril.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa  de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 10, 11, 12 e 17 de abril nos CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no  Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos. 

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de solicitar o uso do servizo de comedor.

Máis información:

Departamento de Educación e Cidadanía
Edificio CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n-San Lázaro
Tfnos.: 981 554 400/401
Fax: 981 571 511
dptoeducacion@santiagodecompostela.gal <mailto:dptoeducacion@santiagodecompostela.gal> 
www.santiagodecompostela.gal <http://scq1e2/exchweb/bin/redir.asp?URL=http://www.santiagodecompostela.gal>

Admisión 2017: Admisión Provisional

Procedemos a publicar as cifras de admisión con respecto ás solicitudes para o curso 2017/18. A lista completa de admitidos provisionais será publicada en breve, pero como podedes comprobar ningún dos grupos precisará baremación, así que todas as solicitudes foron aceptadas

Quedamos á espera de que Inspección Educativa nos envíe alumnado que solicitou Vite de segunda ou terceira opción, e de alumnado que solicitou centro fóra de prazo. 

 

Nivel

PRAZAS TOTAIS

PRAZAS OFERTADAS

SOLICITUDES

en prazo

Admisións Provisionais

4ºINF

25

22 (+3 reserva NEAE)

19

19

5ºINF

25

10

1

1

6ºINF

25

2

1

1

1ºPRIM

25

1

 0

-

2ºPRIM

25

4

 0

-

3ºPRIM

50

20

1

1

4ºPRIM

25

6

1

1

5ºPRIM

25

1

 0

-

6ºPRIM

25

0

 0

-

Powered by Drupal - Design by artinet