Novas

Novas con respecto a saídas, transporte e comedor

Benqueridas familias.

Este curso 2017/18 vai levar consigo varios cambios a nivel organizativo. Os dous máis importantes competen ás saídas autónomas e ao transporte escolar, pero tamén o comedor amosa cambios.

En base á Instrución Conxunta 9/2017, de saídas e transporte informamos que:

1.- Tan só o alumnado de 5º e 6º de Primaria poderá abandonar o centro de xeito autónomo (é dicir, só), ao rematar o horario escolar ou extraescolar. O resto do alumnado deberá ser recollido por un adulto autorizado, ou por un irmán ou irmá menor de idade de 5º ou 6º de primaria, de secundaria, bacharelato ou FP que estea autorizado.

2.- O alumnado transportado será recollido nas paradas asignadas por adultos autorizados ou polos menores autorizados mencionados no punto 1. Para isto deberedes entregar no centro un documento de autorización (adxuntamos modelo) co nome completo e número de DNI e de teléfono móbil de cada persoa autorizada, e o centro lle dará copia á empresa de transporte.  Ao rematar o periodo lectivo e no caso de non haber ninguén na parada, despois de agardar un tempo prudencial, o encargado do transporte chamará á familia, que poderá recoller ao alumno/a na seguinte parada ou nas dependencias da empresa de transporte, onde quedarán custodiados até o peche. É dicir, que xa non volverían ao centro se non se recollen na parada correcta.

Situacións de tardanza en calquera dos dous casos levarían a informar á Policía Local ou Garda Civil, que se faría cargo dos alumnos e, en caso de reiteración, poñeríase o asunto en mans do Servizo Provincial de Menores.

En canto ao comedor escolar e, até onde se nos informou mediante a Instrución 8/2017, as coidadoras do centro faranse cargo do alumnado NEE/NEAE que faga uso deste servizo.
Tamén con respecto ao comedor insistimos: a cesión do servicio é ao Concello de Santiago, e nós nin regulamos becas nin listaxes de admitidos... tan só cedemos o espazo e nos aseguramos de que o servizo cumpla os criterios normativos.

A nenez

Todas as persoas maiores foron algunha vez nenos, aínda que moitas non o lembren

Antoine de Saint-Exupéry

 

Procuremos non xulgar tan duramente a certos nenos e nenas; procuremos pensar que, entre todos, podemos reforzar e incidir no positivo. Pois teñen dereito a ser formados e educados, non a ser estigmatizados por erros que poidan cometer. Sexamos duros, sexamos estritos, sexamos disciplinados. 

 

Pero non sexamos xuíces. Nin de nenos nin de familias. Porque ningún de nós sabe a fin de todos os camiños. 

 

Paciencia e traballo, e confianza nos profesionais que forman aos vosos fillos e fillas. 

Grazas.

O director.

Eleccións ao Consello Escolar #3: 1ª reunión Xunta Electoral

 En Santiago, sendo as 11:00 do día 6 de Novembro do 2018 reúnense no CEIP de Vite I desta localidade as persoas abaixo relacionadas, nomeadas en virtude do artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de Abril, segundo a nova redacción do Decreto 374/1996 do 26 de Xullo que regula a constitución da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, con obxecto de tratar so seguintes asuntos:

 

PRIMEIRO: O director do centro e presidente da Xunta Electoral, Pablo Fernández Otero, dá lectura dos artigos 30 e seguintes do Decreto 92/1988, explicando a súa importancia.

 

SEGUNDO: En virtude das disposicións antes citadas, procédese á cosntitución da Xunta Electoral do Centro, quedando formada do seguinte xeito

 

  • Presidente: Pablo Fernández Otero (Director)
  • Vogal (docentes): Mª Rita Coira Durán
  • Vogal (familias):  Ana Belén León León (ausente por imprevisto)
  • Vogal (admon/servizos): Marisa Leonor Rodríguez

 

TERCEIRO: A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais e establece o seguinte calendario electoral:

 

Ø 

Martes 6 de novembro

·        

Publicación vía taboleiro de anuncios e no portal web do centro das convocatorias de eleccións aos distintos sectores educativos.

·        

Publicación dos Censos de electores no taboleiro de anuncios interior do centro.

·        

Envío de escritos á ANPA e ao Concello solicitando representantes.

 

Ø 

Do 6 novembro ao 13 de Novembro

·        

Prazo de presentación de candidaturas por medio de solicitude escrita e asinada entregada/remitida ao centro.

·        

Prazo de reclamacións ao censo electoral.

 

Ø 

Mércores 14 de Novembro

·        

2ª Reunión

§ 

Admisión e proclamación das candidaturas

§ 

Aprobación dos censos electorais e modelo das papeletas

§ 

Sorteo público para a designación das mesas electorais

 

Ø 

Martes 27 de Novembro

·        

Votacións dos distintos sectores

§ 

Docentes: 12:00-12:30

§ 

Titores Legais: 16:00-19:00

 

Ø 

Mércores 28 de Novembro

·        

Proclamación dos candidatos electos

·        

Traslado ao Xefe Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias das actas das votacións efectuadas.

 

 

Setembro/biblioteca

Informamos de que no mes de setembro a Biblioteca do centro estará PECHADA polas tarde. Abrirá normalmente de 16:30 a 18:30h a partires de outubro ao comezo das actividades extraescolares.

Lembrade que aos usuarios de comedor os poderedes recoller, coma sempre, pola entrada do Arco da Vella (entrada norte).

 

 

 

Material Escolar 2018/19

Neste apartado iremos colgando o material requirido polo equipo docente para este curso.

Iremos editando até que estean todos os grupos.

 

 

Guía de como actuar

Sabes como actuar cando tes unha inquedanza ou problema relacionado co escola?

O Plan de Convivencia, aprobado por todos os representantes da Comunidade Educativa, é claro: se tes un problema, unha dúbida, unha queixa... os pasos a seguir son os seguintes:

 

1º Paso- Falar coa titora do teu fillo ou filla (se o que queres consultar é sobre un especialista, fala coa titora e ela concertará unha cita co profesorado especialista en cuestión).

Se con isto non hai unha solución que consideres favorable, pasamos ao...

2º Paso- Falar co Equipo Directivo. Quizáis elas, tras enterarse de cal é o problema, poidan solucionalo por outras vías, xa que temos contacto con Inspección, o Concello, Departamento de Persoal da Xunta. 

Buscaremos, dentro do centro, solucionar dúbidas, inquedanzas, problemáticas na convivencia. Xa por medio do equipo docente, xa por medio de medidas tomadas dende o Consello Escolar. É importante mesmo que faledes coa ANPA, xa que é un órgano que vos pode informar e axudar.

Sempre, ademais, podedes facer unha solicitude formal e presentala por rexistro na secretaría do centro.

Se, dado o caso, considerades que dende o centro non se atopou unha solución, pasaredes ao...

3º Paso- Contactar con Inspección Educativa e os órganos superiores de Educación. Este paso é xa cando vedes que os pasos 1º e 2º non funcionaron.

 

Agardemos que, dado que somos un centro pequeno, poidamos arranxar as cousas dun xeito cercano e humano. Saltar os pasos non consegue nada máis que a ruptura da convivencia, crear máis problemas para o centro e, probablemente, divisións onde non debe habelas. Se queremos que se nos tome en serio como centro, actuemos coma un centro serio.

 

Coa esperanza de que esta guía valga de algo,

Luz Balado Ferreiro

Directora do CEIP de Vite

Reunións Trimestrais

Benqueridas familias.

As reunións grupais titora-familias correspondentes ao 3º Trimestre serán nas seguintes datas:

4ºINF - 5 de XUÑO ás 16:30h
5ºINF - 17 de ABRIL ás 16:30h
6ºINF - 17 de ABRIL ás 16:30h

1º PRM - 24 de ABRIL ás 16:30h
2º PRM - 24 de ABRIL ás 17:30h

3º PRM - 8 de MAIO ás 16:30h
4º PRM - 24 de ABRIL ás 16:30h

5º PRM - 24 de ABRIL ás 16:30h
6º PRM - 24 de ABRIL ás 17:30h

Folga 8 de Marzo (III)

Benquerida comunidade educativa.

Dada a folga e os paros convocados por varios sindicatos para este xoves 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, informamos:

1-O centro abrirá de xeito normal no seu horario habitual. O transporte e o comedor están garantidos. 

2-Os servizos mínimos do persoal docente e non docente serán: director e 1 coidadora. 

3-Haberá agrupamentos flexibles dependendo do persoal que non secunde a folga e do alumnado que veña ao centro.

4-Non se garante o normal funcionamento do centro, polo que o día non será de clase ordinaria.

Grazas.

 

Conciliación de Nadal

Benqueridas familias:

 

Rebotamos a información remitida polo concello de Santiago sobre conciliación durante o Nadal.

Bolsas de Comedor Escolar

Achégase as listaxes de resolución provisional das bolsas de comedor escolar por escaseza de recursos e por conciliación, do curso escolar 2017-2018, Aparecen hoxe públicados na páxina web e nos taboleiros de edictos do Concello.

As listaxes aparecen ordeados por número de DNI.

O prazo para presentación de reclamacións e de 10 dias a contar dende o dia seguinte a súa publicación (o prazo finaliza o día 25 de outubro de 2017).

Powered by Drupal - Design by artinet