Novas

Consello Escolar 2018-20

Os membros do Consello Escolar 2018-20 son os seguintes:

Presidente: Pablo Fernández Otero.

Xefa de Estudos: Luisa García Garrido.

Secretaria: Pilar Grille Hermida.

Nome Sector Mandato
Dona Begoña Nieto Barreiro Familias 2018-22
Dona Raquel Bermúdez Rodal Familias 2016-20
Don David Serrano Amerelle Familias 2018-22
Don José Luis Soto Campos Familias 2016-20
Dona Beatriz Boquete Seoane PAS 2016-20
Dona Rita Coira Durán Docentes 2018-22
Dona Laura Illobre González Docentes 2016-20
Dona Beatriz Veneranda García Precedo Docentes 2016-20
Dona Alicia Leboráns Budiño Docentes 2016-20
Dona Teresa Márquez Fernández Docentes 2018-22
Dona María José Gigirey Suárez ANPA Asignación
Don Xan Xesús Duro Fernández Concello Asignación

Aparcadoiro (de novo)

Benqueridas familias. 

 

De novo vos lembramos que as prazas do aparcadoiro reservadas ao persoal do centro deben quedar libres. Facemos especial fincapé durante as mañáns, pero queremos tamén sinalar que os martes pola tarde todo o equipo docente asiste ao centro, polo que esas prazas tamén deben quedar libres nesa tarde.

Lembramos tamén que os vehículos do persoal do centro e os vehículos con distintivo de mobilidade disfuncional teñen sempre preferencia á hora de aparcar.

 

Agardando a vosa colaboración para unha mellor convivencia,

-O Director

Entrega de Libros para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

Benqueridas familias,

 

Aquelas familias que teñan asignados libros de texto do Fondo poderán vir a recollelos os vindeiros XOVES e VENRES en horario de 10 a 12h.

 

En caso de non vir serán dados a partires do comezo de curso o día 12 de setembro.

 

Admisión Definitiva 2018/19

A admisión definitiva, tal e coma comentamos día atrás, deu como resultado a admisión de todos os solicitantes. Engadimos as listas definitivas nas ligazóns seguintes abaixo listadas.

 

INFANTIL

PRIMARIA

 

O proceso continuará a partires do 20 de Xuño para a formalización de matrícula.

Matrícula 2018/19: Datos Definitivos a 22 de Marzo.

Dende o vindeiro 1 até o 20 de Marzo quedará aberto o prazo de SOLICITUDE DE PRAZA no CEIP de Vite.

As vacantes neste momento son as seguintes:

Curso Vacantes Solicitudes Presentadas
4º INF 25 24
5º INF 7 1
6º INF 8** 1
1º PRIM 2 0
2º PRIM 0 0
3º PRIM 4 1
4º PRIM 19 0
5º PRIM 2* 0
6º PRIM 1 0

 *Modificación de 3 a 2 prazas debido a matriculación extraordinaria

**Modificación de 9 a 8 prazas debido a matriculación extraordinaria

O documento que debedes entregar é ESTE (hai copias na conserxería do centro), e a normativa aplicable é a seguinte: Orde do 12 de Marzo do 2013 e Orde do 25 de Xaneiro do 2017 (que modifica á Orde do 12 de Marzo).

O horario de recollida será de 10 a 14h todos os días, e os martes de 16:30 a 18:30h. 

Para calquera consulta non dubidedes en contactar connosco por medio do teléfono ou do correo electrónico.

PS1: Letras para desempate: ligazón

PS2: Documento de Zonas de Influencia

PS3: Información importante (colgada no taboleiro de novas interior)

PS4: Lembrade que o criterio do centro (+1 no baremo), aprobado en Consello Escolar e aceptado pola Xefatura Territorial é "que os tres primeiros centros que se soliciten sexan de titularidade pública"

Reserva de Praza (Familias de 6º de Primaria)

Familias de 6º de Primaria:

En virtude do artigo 10 da Orde do 12 de Marzo do 2013 (modificada partcialmente pola Orde do 25 de Xaneiro do 2017), dende hoxe día 1 até o 15 de Febreiro ábrese o prazo para reservar praza no IES Xelmírez II. 

Todos aqueles interesados en continuar a súa educación obrigatoria no noso IES de adscrición deberán formalizar o documento de reserva e entregalo no centro. Isto implica asegurar a praza no Xelmírez. Non facelo implica a renuncia expresa á reserva, entrando a partires de Marzo no proceso de solicitude de praza, que poderá ser en calquera IES.

Para posibles consultas, contactade connosco.


PS: Eiquí tedes o documento a mellor resolución: ligazón

Novas con respecto a saídas, transporte e comedor

Benqueridas familias.

Este curso 2017/18 vai levar consigo varios cambios a nivel organizativo. Os dous máis importantes competen ás saídas autónomas e ao transporte escolar, pero tamén o comedor amosa cambios.

En base á Instrución Conxunta 9/2017, de saídas e transporte informamos que:

1.- Tan só o alumnado de 5º e 6º de Primaria poderá abandonar o centro de xeito autónomo (é dicir, só), ao rematar o horario escolar ou extraescolar. O resto do alumnado deberá ser recollido por un adulto autorizado, ou por un irmán ou irmá menor de idade de 5º ou 6º de primaria, de secundaria, bacharelato ou FP que estea autorizado.

2.- O alumnado transportado será recollido nas paradas asignadas por adultos autorizados ou polos menores autorizados mencionados no punto 1. Para isto deberedes entregar no centro un documento de autorización (adxuntamos modelo) co nome completo e número de DNI e de teléfono móbil de cada persoa autorizada, e o centro lle dará copia á empresa de transporte.  Ao rematar o periodo lectivo e no caso de non haber ninguén na parada, despois de agardar un tempo prudencial, o encargado do transporte chamará á familia, que poderá recoller ao alumno/a na seguinte parada ou nas dependencias da empresa de transporte, onde quedarán custodiados até o peche. É dicir, que xa non volverían ao centro se non se recollen na parada correcta.

Situacións de tardanza en calquera dos dous casos levarían a informar á Policía Local ou Garda Civil, que se faría cargo dos alumnos e, en caso de reiteración, poñeríase o asunto en mans do Servizo Provincial de Menores.

En canto ao comedor escolar e, até onde se nos informou mediante a Instrución 8/2017, as coidadoras do centro faranse cargo do alumnado NEE/NEAE que faga uso deste servizo.
Tamén con respecto ao comedor insistimos: a cesión do servicio é ao Concello de Santiago, e nós nin regulamos becas nin listaxes de admitidos... tan só cedemos o espazo e nos aseguramos de que o servizo cumpla os criterios normativos.

A nenez

Todas as persoas maiores foron algunha vez nenos, aínda que moitas non o lembren

Antoine de Saint-Exupéry

 

Procuremos non xulgar tan duramente a certos nenos e nenas; procuremos pensar que, entre todos, podemos reforzar e incidir no positivo. Pois teñen dereito a ser formados e educados, non a ser estigmatizados por erros que poidan cometer. Sexamos duros, sexamos estritos, sexamos disciplinados. 

 

Pero non sexamos xuíces. Nin de nenos nin de familias. Porque ningún de nós sabe a fin de todos os camiños. 

 

Paciencia e traballo, e confianza nos profesionais que forman aos vosos fillos e fillas. 

Grazas.

O director.

Eleccións ao Consello Escolar #3: 1ª reunión Xunta Electoral

 En Santiago, sendo as 11:00 do día 6 de Novembro do 2018 reúnense no CEIP de Vite I desta localidade as persoas abaixo relacionadas, nomeadas en virtude do artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de Abril, segundo a nova redacción do Decreto 374/1996 do 26 de Xullo que regula a constitución da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, con obxecto de tratar so seguintes asuntos:

 

PRIMEIRO: O director do centro e presidente da Xunta Electoral, Pablo Fernández Otero, dá lectura dos artigos 30 e seguintes do Decreto 92/1988, explicando a súa importancia.

 

SEGUNDO: En virtude das disposicións antes citadas, procédese á cosntitución da Xunta Electoral do Centro, quedando formada do seguinte xeito

 

  • Presidente: Pablo Fernández Otero (Director)
  • Vogal (docentes): Mª Rita Coira Durán
  • Vogal (familias):  Ana Belén León León (ausente por imprevisto)
  • Vogal (admon/servizos): Marisa Leonor Rodríguez

 

TERCEIRO: A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais e establece o seguinte calendario electoral:

 

Ø 

Martes 6 de novembro

·        

Publicación vía taboleiro de anuncios e no portal web do centro das convocatorias de eleccións aos distintos sectores educativos.

·        

Publicación dos Censos de electores no taboleiro de anuncios interior do centro.

·        

Envío de escritos á ANPA e ao Concello solicitando representantes.

 

Ø 

Do 6 novembro ao 13 de Novembro

·        

Prazo de presentación de candidaturas por medio de solicitude escrita e asinada entregada/remitida ao centro.

·        

Prazo de reclamacións ao censo electoral.

 

Ø 

Mércores 14 de Novembro

·        

2ª Reunión

§ 

Admisión e proclamación das candidaturas

§ 

Aprobación dos censos electorais e modelo das papeletas

§ 

Sorteo público para a designación das mesas electorais

 

Ø 

Martes 27 de Novembro

·        

Votacións dos distintos sectores

§ 

Docentes: 12:00-12:30

§ 

Titores Legais: 16:00-19:00

 

Ø 

Mércores 28 de Novembro

·        

Proclamación dos candidatos electos

·        

Traslado ao Xefe Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias das actas das votacións efectuadas.

 

 

Setembro/biblioteca

Informamos de que no mes de setembro a Biblioteca do centro estará PECHADA polas tarde. Abrirá normalmente de 16:30 a 18:30h a partires de outubro ao comezo das actividades extraescolares.

Lembrade que aos usuarios de comedor os poderedes recoller, coma sempre, pola entrada do Arco da Vella (entrada norte).

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet