Secretaría

PXA curso 2016/17

Xuntamos PXA relativa ao curso 2016/17.

Documento de Xustificación de Faltas 2016/17

Adxuntamos o documento de xustificación de faltas por non asistencia, impuntualidade ou saída anticipada do centro. 

 

Ligazón

Listaxe Provisional de Admitidos curso 2017-18

Procedemos a colgar no taboleiro de novas e na web as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2017-18. Podedes acceder aos PDFs nos adxuntos a esta entrada (abaixo á dereita) ou clicando na imaxe.

Agardaremos prudencialmente a calquera reclamación e antes do 15 de Maio, tal e como di a orde, publicaremos a listaxe definitiva.

 

 

Documento de Autorización unificado 2016-17

Tedes á vosa disposición o documento de autorizacións deste curso 2016-17. Todo o alumnado deberá ter cuberto este documento en setembro.

 

LIGAZÓN

Aviso importante

Queremos lembrar a todas as familias a importancia de certos documentos; neste caso facemos fincapé no permiso das saídas que podedes atopar EIQUÍ.

A semana que vén xa temos algunha saída programada, e aqueles alumnos e alumnas sen autorización NON PODERÁN realizar a saída. Entendemos que se non queredes autorizar é moi lícito; pero se esa autorización non chega por despiste é unha pena grande, porque se son moitos os que non teñen autorización pode suceder que teñamos que cancelar a saída por non poder dividir o grupo entre os que van e os que quedan no cole!

 

Pregamos que sexades dilixentes e, nesta semana, traiades as autorizacións por favor.

Importante: autorizacións

Neste entrada temos para descargar diferentes documentos sobre autorizacións, dende as normas xerais de retirada de alumnado, pasando polas autorizacións a persoas, a típica de imaxe, saídas didácticas no concello de Santiago e a non tan típica saída autónoma do centro (permitindo que o alumnado volva a casa só á saída do cole, mesmo acompañando a un irmán pequeno, por exemplo). Tamén tedes a de retraso ou abandono do centro antes da fin do horario (a típica se tedes que ir ao médico, por exemplo).

 

Botádelle un ollo e meditade sobre o tema. Se queredes autorizar a outros, lembrade de conseguir as fotocopias dos DNIs.

Se queredes traer os documentos xa feitos da casa para aforrar tempo, agradecémolo!

Un saúdo!

Cheque de Libros de Texto

Rematado sobradamente o prazo dado do 6 ao 10 de xullo para a recollida dos cheques, sinalamos a todas as familias que non o recolleron que poden facelo a partires do vindeiro Martes 1 de setembro.

 

 

O Equipo Directivo

Publicación da Listaxe de beneficiarios do Fondo Solidario

 

Tedes as dúas listas nesta LIGAZÓN.

 

(Lembrade mirar os avisos da sección de Libros de Texto!)

Horario para a recollida dos Cheques de Axuda para os Libros de Texto.

Informamos ás familias que solicitaron os cheques para a axuda de libros de texto para o curso 2015-16 que poden pasar a recollelos nas seguintes datas:

 

Do luns 6 ao venres 10 en horario de 10 a 13h

 

O Equipo Directivo.

Libros de texto para o curso 2015/2016

O Claustro de profesorado deste centro aprobou o listado de libros que se xunta. 

 

(CORRECCIÓN: Comunícannos que houbo un erro co ISBN que nos deron para o libro de Ciencias Naturais de SEXTO (Celme 15 de SM). O dato correcto é 978-84-985-4531-9)

(ATENCIÓN: Lembrámoslle ás familias que cursarán 3º e 5º que eviten, polo dagora, mercar os libros desta lista. En principio contarán cos textos do Fondo de Libros. O centro informará de calquera cambio)

 

NOVIDADE: O libro de Música non será de uso prioritario este ano. A mestra especialista non os usará agás que un número alto do alumnado xa o teña. Todos aqueles que o teñan sen nome e forro poden devolvelo.

Powered by Drupal - Design by artinet