Recomendámosche

Felicidades a Héctor Cajaraville polo premio Xerais 2015

Xa o gañou en xuño, pero o pasado venres, na compostelá libraría Couceiro, el tivo un momento de lembranza para o CEIP de Vite: GRAZAS!

Gracias polo Apoio, maese Héctor

Comunícannos que Héctor é ex-vitense: parabéns a este veterano de Vite

 

Nemo: O Rapaz sen Nome

Para este curso de 20.000 Ideas con Jules Verne podemos recomendar calquera das súas obras, pero tamén outras reinvencións e reimaxinacións coma por exemplo O Rapaz sen Nome, de Davide Morosinotto, do que a biblioteca do centro posúe un exemplar.

 

"UN AVÓ ESPECIAL"

  O alumnado de 3º, 4º e 5º foron ver a obra de teatro "Un avó especial" (Migallas Teatro) o 28 de maio de 2012 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. O libro "Un avó especial" é da editorial Kalandraka; o texto de CARLOS YUS e as ilustracións de MARÍA CAMPOS (Migallas).

"LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS"

          Un libro-álbum que hai na nosa biblioteca, unha historia de amor... No noso corazón con pos-it  (ver o ficheiro adxunto) está unha bonita frase de amor deste conto.

 

"MOLA QUE CHOVA" de RENATA OTERO

       No primeiro trimestre do curso 2011/2012 o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria mercaron o conto "Mola que chova" da escritora e ilustradora Renata Otero, que virá visitarnos (por medio da editorial Galaxia).

Powered by Drupal - Design by artinet