Animación á lectura

Estreando biblioteca nos recreos!

Grazas o traballo do Equipo de Dinamización Global e ao alumnado voluntario hoxe comezamos a abrir a biblioteca nos recreos!

Manuel María: Letras Galegas 2016

O 17 de Maio do ano 2016 será a grande celebración dun autor galego de sobras coñecido, Manuel María

 Dende o noso cole e, na medida das nosas posibilidades, tentaremos facer honra do escritor de versos tan fermosos coma:

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar! 

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS

Nos arquivos podense consultar recomendacións de libros para ler no verán e en calquera estación!

CONTACONTOS

  O 16 de maio o alumnado de Infantil desfrutou co contacontos IAGO LÓPEZ e "LINDA Á ESPREITA" no noso colexio.

VISITA DE ILUSTRADORES NO MES DE MAIO 2013

 No mes de maio tivemos a visita do fotógrafo MIGUEL NOVAL BOUZA, ilustrador (con AURORA CASCUDO) do libro "A HISTORIA FASCINANTE DA VACA RODANTE" (de CRISTINA CORRAL) que o alumnado de 4º mercou neste trimestre e leu ao alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.

miguelnovalbouza.com

 Veu tamén a visitarnos o ilustrador IVÁN SUÁREZ  que fixo un obradoiro do libro "BÓLA DE MANTEIGA".

FINA CASALDERREY NO COLEXIO DE VITE

Hoxe, 22 abril do 2013 (día da Terra) estivo FINA CASALDERREY co alumnado do segundo e terceiro ciclo de Primaria na biblioteca e asinando o libro "O Misterio do Faro Vello" que mercaron e leron no segundo trimestre. Pode consultarse o seu blog fina.casalderrey.com

VISITA DA ILUSTRADORA NOEMÍ LÓPEZ

  Hoxe, 17 abril do 2013, estivo na nosa biblioteca a ilustradora NOEMÍ LÓPEZ co alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria que mercaron e leron o libro "As porcas porquiñas" da editorial Everest, ilustrado por Noemí e escrito por XOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ.

"O MUNDO DOS ANIMAIS" NA PORTA DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

 O martes 8 de xaneiro do 2013 abriuse a biblioteca para o alumnado. A porta está decorada co tema do Plan Anual de Fomento da Lectura do Centro (curso 2012/2013): "O mundo dos animais". Pode verse unha foto no adxunto.

VISITA DA ESCRITORA E DA ILUSTRADORA DO LIBRO DE TEATRO "OS POEMAS DO RÍO"

  O martes 15 de xaneiro visitarán o noso centro CRISTINA CORRAL e AURORA CASCUDO ao 2º Ciclo de Primaria. O alumnado de 4º fixeron a representación no festival de Nadal 2012 (coa música composta por JAVIER PRADO) e o de 3º realizaron teatro lido. Nesta visita volverase a representar a obra teatral diante da escritora e da ilustradora e asinarán todos os libros.

OUTUBRO: MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

      O alumnado do CEIP de VITE celebramos O Día Internacional da Biblioteca (24 de outubro) cun acto simbólico: dando un abrazo á Ánxel Casal (participando tamén outros colexios de Santiago).

      Neste mes de outubro  realizamos visitas á biblioteca Novacaixagalicia onde organizaron actividades de animación á lectura.

      O lema deste ano 2012 escollido pola Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares (IASL): "BIBLIOTECAS ESCOLARES: unha clave para o pasado, o presente e o futuro".

Powered by Drupal - Design by artinet