17M

17/05/2016 00:00
Europe/Madrid

Cambios na atención ao público

12/05/2016 09:00
Europe/Madrid

Benquerida Comunidade Educativa de Vite:

Debido a aplicación da asignación de auxiliares de administración e servizos aos centros de máis de 450 alumnos, queremos comunicarvos que, ao non contar con ese número, a nosa administrativa non volverá dende mañán xoves 12 de Maio; será asignada a outro colexio.

 

Por mor disto, esta semana a Atención ás Familias para recoller e entregar calquera solicitude ou documento estará limitada a se o equipo directivo está libre. Dado que, ademais, estamos concorrendo na Avaliación Final de Sexto, o equipo directivo terá aínda menos tempo para atendervos en condicións.

A partires do luns 16 estableceremos un horario de atención ao público no cal haxa un dos tres membros do equipo directivo libre para todo o traballo que antes facía a nosa administrativa.

 

É dicir, non sempre poderedes ser atendidos, e deberemos respectar este horario.

 

Aproveitamos para despedirnos dela, agradecerlle infinitamente a súa labor e compañeirismo, e desexarlle a mellor das sortes en todo o que emprenda. Grazas, Mónica!

 

Un saúdo a todos e todas, 

- O Director.

Procesos Vitais

Dentro dos seres vivos temos uns amiguiños que son descendentes directos (coma outros moitos) dos dinosauros: as aves. Con eles comparten esa modalidade de reproducción común aos ovíparos. É un xeito de fecundación curioso para nós os vivíparos, xa que estes animais medran dentro dun ovo fóra do ventre das súas mamás, e precisan que os choquen.

Nós, pola nosa intelixencia, fumos quen de crear unhas máquinas chamadas incubadoras. Nelas podemos manter vivos a animais recén nacidos, e tamén substituír ás nais e pais dos animais ovíparos, que son os que deberían chocar os ovos.

 

Durante todo o periodo de xestación teremos a nosa propia incubadora de pitiños de raza de Mos (grazas á ANPA de Vite pola idea e o contacto, e grazas a Diego e Nuria, da Asociación AVIMÓS), e poderemos observar todo o proceso. 

Calendario Escolar

05/05/2016 10:00
06/05/2016 10:00
Europe/Madrid

Como xa establecimos no noso calendario escolar deste curso, lembramos a toda a nosa Comunidade Educativa que os vindeiros días 5 de Maio (por ser festivo local) e 6 de Maio (por ser o día non lectivo elexido por nós) non haberá classe.

 

Do mesmo xeito, o 17 de Maio (Día das Letras Galegas) non hai clase, pero o luns 16 de Maio si será lectivo e estaremos no noso horario habitual.

Resumindo:

Xoves 5 e venres 6 de Maio: NON hai clase

Luns 16 de Maio: SI hai clase

Martes 17 de Maio: NON hai clase

Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2016-17

Nos anexos podedes ver as listaxes xa definitivas.

 

Agora tan só queda a formalización da matrícula, do 20 ao 30 de xuño. 

 

De novo, benvidos a Vite!

 

 

Reunións 3º Trimestre

Estimadas familias:

As reunións informativas conxuntas para o 3º trimestre son as seguintes:

 

MARTES 12 de abril: 16:30 – 4º, 5º e 6º de Infantil e 3º de Educación Primaria

 

MARTES 19 de abril: 16:30 - 1º e 4º de Primaria / 17:30 - 2º, 5º e 6º de Primaria

Admitidos para o curso 2016-17: Listaxe Provisional

Nos arquivos engadidos tedes acceso ás listaxes de alumnado admitido tanto en 4º de Infantil (3 anos) coma noutros cursos nos que houbo solicitudes.

Estas listas son provisionais e había que publicalas antes do 25 de Abril; nós facémolo hoxe porque non houbo que facer ningún tipo de baremación. Dende a publicación das mesmas tedes 5 días para calquera tipo de reclamación.

 

PS: Enviamos un mail a varios solicitantes con esta ligazón; desculpade que foi en aberto :-(

Coñecer Galicia I

Parte do traballo sobre o Proxecto Coñecer Galicia que estamos levando a cabo

(Exposición na entrada do cole)

 

 

 

 

Conciliación en Semana Santa 2016

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NOS CEIP AS FONTIÑAS E RAÍÑA FABIOLA

Dende o 5 de Marzo está aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar de Semana Santa, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 21,22, 23 e 28 de marzo nos CEIP Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación, nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.

OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS

Ademais, durante as vacacións escolares de Semana Santa as escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños ofrecen ás familias, con nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos e empadroados en Santiago de Compostela,  un servizo complementario de Obradoiros.


Achéganse 4 documentos de inscrición (abaixo á dereita da nova, en "4 adxuntos")

Máis información:

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfno.: 981 554 400 

dptoeducacion@santiagodecompostela.org    

www.santiagodecompostela.org

Peóns ao Camiño!

11/11/2015 12:00
11/11/2015 12:30
Europe/Madrid

Preparade os peóns, as buxainas, os bailaretes e todo o que vos veña ás mans: o mércores 11, no recreo, encheremos de buratos e crocaduras todo o patio! Lembrade traelos ben decorados e bonitos para a exposición que imos facer!

Polo San Martiño, Peóns ao Camiño!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet