Reunións trimestrais Primaria

As reunións de familias correspondentes ao 2º Trimestre quedan como segue:

Haberá servizo de ludoteca con monitor cortesía da nosa ANPA.

1ºs EP 12 febreiro 17:30h
2º EP 5 febreiro 17:30h
3º EP 5 febreiro 16:30h
4ºs EP 5 febreiro 16:30h
5º EP 5 febreiro 17:30h
6º EP 5 febreiro 16:30h


 Un saúdo.

Visita Xelmírez II

28/01/2019 17:00
Europe/Madrid

FAMILIAS DE 6ºEP

CHARLA-PRESENTACIÓN: IES Xelmírez II

LUNS 28 DE XANEIRO ÁS 17H NO SALÓN DE ACTOS DO CEIP DE VITE

A directora e a orientadora do instituto farán unha breve presentación do IES e das vantaxes que ten reservar praza alí. Lembrade que é o noso centro de adscrición; polo que, de facer a reserva este febreiro, teredes a praza asegurada nel.

 

Todas as familias de 6º de Primaria están convidadas.

Cursiño urxencias sanitarias

Dende o CAFI ofertan ás familias un curso sobre urxencias sanitarias que se celebrará en Santiago de Compostela.

Os datos da actividade son:

- Título: "S1802021 Atención a urxencias sanitarias para familias"
- Datas de realización: 16 -23 - 30 de xaneiro
- Hora: 17:00 a 20:00
- Lugar: CIFP Compostela

As persoas interesadas en apuntarse remitirán antes do 15 de xaneiro un correo a xcarlosro(arroba)edu.xunta.es

Boas festas

21/12/2018 15:10
08/01/2019 09:30
Europe/Madrid

Bo nadal, janucá, Saturnalia, Sol Invictus ou calquera outra festividade que celebredes (ou non).

Pasade boas festas; vémonos de novo o 8 de xaneiro en horario normal e corrente.

Educación e atención sostible

24/11/2018 16:30
24/11/2018 17:15
Europe/Madrid

Benqueridas familias,

Como ben sabedes o noso centro conta con alumnado moi variado, e facemos o posible para atendelo cos recursos cos que contamos. Pero, como ben sabedes tamén, só somos o segundo chanzo nunha escaleira moi longa; unha escaleira que comeza na gardaría e que, para o alumnado NEE, pode rematar aos 21 anos nun centro específico e, de aí, á carencia de centros para asistir. 

Para algúns destes futuros exalumnos e as súas familias o porvir pode ser complexo e, por isto, algunhas familias de diversos centros se reunirán o vindeiro sábado 24 de novembro diante do CEGADI, na rúa Xosé Chao Rego de Santiago, de 16:30 a 17:15h para facer visible a mensaxe dunha educación inclusiva e sostible a longo prazo.

 

Un saúdo.

Nova directiva na ANPA

A ANPA vén de mudar a súa directiva baixo o seu acordo de ciclos bienais para os cargos. Presentamos á nova directiva:

 

Presidenta: María José Gigirey Suárez

Vicepresidenta: Eva Vale Baltar

Secretario: José Luis Soto Campos

Tesoureira: Inés Romero Antelo

Vogal: María Eugenia Maceira Pampín

Vogal: Begoña Nieto Barreiro

Vogal: Raquel Bernárdez Rodal  

 

Ánimo a todos!

MAGUSTÍN? SAMAGOSTO? Digamos "Festa do Outono"!

29/10/2018 09:30
02/11/2018 13:59
Europe/Madrid

Lembramos que os vindeiros LUNS 29 e o MARTES 30 poderedes traer os calacús decorados que se exporán no interior do centro. Sede tan imaxinativos como queirades!

Lembramos tamén que o VENRES 2 será unha xornada de xogos variados para o alumnado e, entre as 13 e as 14h, poderedes pasar polo centro a degustar as castañas asadas polas familias da ANPA.

Reunións Trimestrais

10/09/2018
Europe/Madrid

Benqueridas familias,

As reunións correspondentes a este trimestre son nas datas que seguen:

 

5º de Infantil- 18 de setembro ás 16:30h

6º de Infantil - 18 de setembro ás 16:30h

1º de Primaria - 18 de setembro ás 17:30h

2º de Primaria - 25 de setembro ás 16:30h

3º de Primaria - 25 de setembro ás 17:30h

4º de Primaria - 25 de setembro ás 17:30h

5º de Primaria - 2 de outubro ás 16:30h

6º de Primaria - 2 de outubro ás 16:30h

 

Estas reunións teñen un carácter xeral e están convocados todos os titores de alumnos.

Material Escolar 2018/19

Neste apartado iremos colgando o material requirido polo equipo docente para este curso.

Iremos editando até que estean todos os grupos.

 

 

Curso para as Familias!

O Centro Autonómico de Formación e Innovación, dentro das súas actuacións, ofrece ás familias a posibliidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), na rúa Lamas de Abade s/n en Santiago de Compostela.
 
Para facer a inscrición cómpre mandar un correo electrónico a cafi.centros@edu.xunta.es antes do día 2 de abril, no que deben indicar nome completo e dni da persoa asistente. A selección das persoas participantes farase por estrita orde de recepción das solicitudes, ata cubrir 20 prazas dispoñibles.
 

Powered by Drupal - Design by artinet