Entroido

05/02/2016 14:30
11/02/2016 09:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias:

O venres será o noso Festival de Entroido, e estades todos e todas convidados. Abriremos as portas ás 12:30, seguiremos co desfile (no pavillón) para logo facer degustación dos produtos típicos de Entroido que aportedes (no salón de Actos).

Animámosvos a vir disfrazados (de choqueiros) e participar con nós da festa.

Lembrámosvos que as festas duran dende o 6 até o 10, así que volvemos o xoves 11 ao cole.

(Lembrade tamén que, se queredes levar aos vosos peques ANTES da hora de saída teredes que asinar un permiso de retirada... Se queredes xa telo listo para logo non saturar a conserxería sería perfecto)

Abalar Móbil

Nas reunións do pasado martes saíu o tema da conectividade entre toda a Comunidade Edicativa. Como ben sabedes, o Equipo Directivo ten ao voso dispór un correo que procuramos que sexa de atención rápida ante calquer aviso que non sexa urxente (para urxencias mellor chamar ao teléfono do cole).

Pero o que non sabían moitos é que existe unha aplicación na que nos acaban de dar de alta, que é Abalar Móbil: unha útil aplicación que vos permite, dende calquera aparello con internet, acceder aos datos dos vosos fillos e fillas. Principalmente valerá para saber as faltas de asistencia e mesmo xustificalas, ou as notas de cada trimestre; pero paulatinamente implementaremos a posibilidade de pedir citas de titoría e recibir avisos mandados polo Centro directamente ao voso móbil de xeito masivo. 

Dádenos tempo para actualizarnos, que non deixa de ser un bo avance, pero un avance ao que nos teremos que afacer. E, se vós tamén queredes ser Papás e Mamás 2.0, xa sabedes!

A ligazón para Abalar Móbil é ESTA. Lembrade que NON É SÓ para as aulas Abalar: é para todo o cole.

Para telo dispoñible no móbil podedes descargar a aplicación de xeito gratuito dende o Google Play ou a Apple Store, por exemplo.

Experimentando en 3º!

Explicando o experimento do volcán ao compas de 2º

Politiqueando!

 

Experimentando en 1º

Experimentos da aula de 1º

Cousas que atopas polas clases

Entrar nunha aula e ver esta marabilla

Un traballo duro feito por unha alumna coa colaboración da súa familia. Así, si.

Estreando biblioteca nos recreos!

Grazas o traballo do Equipo de Dinamización Global e ao alumnado voluntario hoxe comezamos a abrir a biblioteca nos recreos!

Felicidades a Héctor Cajaraville polo premio Xerais 2015

Xa o gañou en xuño, pero o pasado venres, na compostelá libraría Couceiro, el tivo un momento de lembranza para o CEIP de Vite: GRAZAS!

Gracias polo Apoio, maese Héctor

Comunícannos que Héctor é ex-vitense: parabéns a este veterano de Vite

 

Ciencia en Galego

01/11/2015
Europe/Madrid

Ao longo de novembro celébrase o Mes da Ciencia e hoxe, día 4, o Día da Ciencia en Galego. Debido á inmediatez coas vacacións e coa Semana do Medo (que aínda estamos a traballar), comezaremos a traer experimentos ao cole en breve, coma os do ano pasado.

Polo dagora informádevos das actividades que vai haber EIQUÍ! Destacamos especialmente o feito de que o Museo de Historia Natural ten uns obradoiros gratuítos o día 7.

 

Samaín

Xa foron chegando as primeiras cabazas do Samaín!

Powered by Drupal - Design by artinet