Matrícula 2018/19: Datos Definitivos a 22 de Marzo.

Dende o vindeiro 1 até o 20 de Marzo quedará aberto o prazo de SOLICITUDE DE PRAZA no CEIP de Vite.

As vacantes neste momento son as seguintes:

Curso Vacantes Solicitudes Presentadas
4º INF 25 24
5º INF 7 1
6º INF 8** 1
1º PRIM 2 0
2º PRIM 0 0
3º PRIM 4 1
4º PRIM 19 0
5º PRIM 2* 0
6º PRIM 1 0

 *Modificación de 3 a 2 prazas debido a matriculación extraordinaria

**Modificación de 9 a 8 prazas debido a matriculación extraordinaria

O documento que debedes entregar é ESTE (hai copias na conserxería do centro), e a normativa aplicable é a seguinte: Orde do 12 de Marzo do 2013 e Orde do 25 de Xaneiro do 2017 (que modifica á Orde do 12 de Marzo).

O horario de recollida será de 10 a 14h todos os días, e os martes de 16:30 a 18:30h. 

Para calquera consulta non dubidedes en contactar connosco por medio do teléfono ou do correo electrónico.

PS1: Letras para desempate: ligazón

PS2: Documento de Zonas de Influencia

PS3: Información importante (colgada no taboleiro de novas interior)

PS4: Lembrade que o criterio do centro (+1 no baremo), aprobado en Consello Escolar e aceptado pola Xefatura Territorial é "que os tres primeiros centros que se soliciten sexan de titularidade pública"

Portas Abertas: Matrícula 2018/19

20/02/2018
Europe/Madrid

Para todas aquelas familias que vos esteades prantexando a posibilidade de matricular os vosos fillas e fillas no CEIP de Vite, informamos:

O MARTES 20 de Febreiro, ás 18:30h e o MÉRCORES 21 de Febreiro, ás 12:40h, faremos unhas xornadas de portas abertas onde se vos informará dos diferentes servizos, horarios e proxectos do centro, ademais de ensinarvos as instalacións e as normas que as rixen.

 

A normativa de anos anteriores é a seguinte: Orde do 12 de Marzo do 2013 e Orde do 25 de Xaneiro do 2017 (que modifica á Orde do 12 de Marzo).

 

Prazas para mobilidade reducida

Por acordo no Consello Escolar do pasado 21 de Novembro, as prazas para usuarios de mobilidade reducida aumentan a 2 e se sitúan, para poder facer un uso máis cómodo das mesmas, no inicio da zona estreita do aparcamento. O resto desta zona é de uso exclusivo do persoal do centro, especialmente polas mañás e os martes pola tarde.

Pregamos que só as ocupen os usuarios con distintivo ou familias con alumnado NEE no centro, e que non sexan bloqueadas ou ocupadas por outros usuarios. 

Alumnado transportado e novas con respecto ao aparcamento

Adxuntamos PDF coa última relación de alumnado transportado con cambios de última hora debido a baixa e altas de alumnos. Tamén volvemos a adxuntar o modelo de persoas autorizadas para recoller ao alumnado nas paradas, que debedes entragar no centro canto antes.

 

Tamén informamos de que este ano o persoal do centro precisará máis prazas de aparcamento, reservando na cancela da linde do Burgo novas prazas que xa están sinaladas.

(Zona azul para persoal do centro; verde para familias; lila para a ruta dos autobuses e laranxa para a do microbús)

 

As prazas da zona estreita seguen sendo UNICAMENTE para persoal do centro, e a praza reservada para discapacitados permanece onde estaba. A zona de entrada do microbús segue estando reservada só a este vehículo.

 

Pregamos que se respecten as normas de aparcamento e, que se hai algunha dúbida, se pregunte antes de aparcar onde non está permitido.

 

Grazas.

Novas con respecto a saídas, transporte e comedor

Benqueridas familias.

Este curso 2017/18 vai levar consigo varios cambios a nivel organizativo. Os dous máis importantes competen ás saídas autónomas e ao transporte escolar, pero tamén o comedor amosa cambios.

En base á Instrución Conxunta 9/2017, de saídas e transporte informamos que:

1.- Tan só o alumnado de 5º e 6º de Primaria poderá abandonar o centro de xeito autónomo (é dicir, só), ao rematar o horario escolar ou extraescolar. O resto do alumnado deberá ser recollido por un adulto autorizado, ou por un irmán ou irmá menor de idade de 5º ou 6º de primaria, de secundaria, bacharelato ou FP que estea autorizado.

2.- O alumnado transportado será recollido nas paradas asignadas por adultos autorizados ou polos menores autorizados mencionados no punto 1. Para isto deberedes entregar no centro un documento de autorización (adxuntamos modelo) co nome completo e número de DNI e de teléfono móbil de cada persoa autorizada, e o centro lle dará copia á empresa de transporte.  Ao rematar o periodo lectivo e no caso de non haber ninguén na parada, despois de agardar un tempo prudencial, o encargado do transporte chamará á familia, que poderá recoller ao alumno/a na seguinte parada ou nas dependencias da empresa de transporte, onde quedarán custodiados até o peche. É dicir, que xa non volverían ao centro se non se recollen na parada correcta.

Situacións de tardanza en calquera dos dous casos levarían a informar á Policía Local ou Garda Civil, que se faría cargo dos alumnos e, en caso de reiteración, poñeríase o asunto en mans do Servizo Provincial de Menores.

En canto ao comedor escolar e, até onde se nos informou mediante a Instrución 8/2017, as coidadoras do centro faranse cargo do alumnado NEE/NEAE que faga uso deste servizo.
Tamén con respecto ao comedor insistimos: a cesión do servicio é ao Concello de Santiago, e nós nin regulamos becas nin listaxes de admitidos... tan só cedemos o espazo e nos aseguramos de que o servizo cumpla os criterios normativos.

Inicio do curso 2017/18

A partires do 1 de Setembro o centro volve a abrir no horario de 10 a 14h.

 

Tede en conta que mañán haberá unha reunión de persoal para organizar o inicio de curso, polo que non estaremos moi dispoñibles para reunións, entrega de documentación, etcétera. 

 

Bo inicio de curso.

Consello Escolar

A Xunta Electoral do CEIP de Vite, reunida onte, deu visto e prace a todas as actas de escrutinio recibidas de Mestres, Familias e PAS.

 

Os resultados obtidos foron os seguintes:

 

SECTOR

Candidatura

a) Profesorado

García Precedo, Beatriz Veneranda

Electa

Illobre González, María Laura

Electa

Leboráns Budiño, Alicia María

Electa

Rodríguez García, María Carmen

Suplente

b) Nais/Pais/Titores legais do alumnado    

Soto Campos, José Luis

Electa

Bernárdez Rodal, Raquel

Electa

c) Persoal de Administración e Servizos     

Seoane Boquete, Beatriz                                             

Electa

d) ANPA

Faise constar que a representante do sector de pais de alumnos, Dª María Luz López Pardal corresponde á proposta feita pola ANPA do Colexio de acordo co establecido no artigo 39 do Decreto 74/1996, do 17 de outubro (DOG do 21).

e) Concello

Faise constar que o representante do Concello de Santiago de Compostela no centro será D. Xan Xesús Duro Fernández, de acordo coa comunicación recibida do propio concelleiro e co establecido no artigo 39 do Decreto 74/1996, do 17 de outubro (DOG do 21).

 

Contra esta resolución, e de acordo do artigo 51 do Decreto 92/1988 do 28 de Abril, poderase presentar reclamación perante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O prazo para presentala é de 15 días a partires do 1 de Decembro.

 

Queremos agradecer a todos os actores neste proceso, especialmente das familias aos membros da Mesa Electoral de Familias Jose Antonio Cebey, Sandra Castro e Xabier Espiña  e a Maria del Carmen Giménez da Xunta Electoral pola súa colaboración: GRAZAS!

A nenez

Todas as persoas maiores foron algunha vez nenos, aínda que moitas non o lembren

Antoine de Saint-Exupéry

 

Procuremos non xulgar tan duramente a certos nenos e nenas; procuremos pensar que, entre todos, podemos reforzar e incidir no positivo. Pois teñen dereito a ser formados e educados, non a ser estigmatizados por erros que poidan cometer. Sexamos duros, sexamos estritos, sexamos disciplinados. 

 

Pero non sexamos xuíces. Nin de nenos nin de familias. Porque ningún de nós sabe a fin de todos os camiños. 

 

Paciencia e traballo, e confianza nos profesionais que forman aos vosos fillos e fillas. 

Grazas.

O director.

Admisión de Alumnado: Benvidos a Vite

01/03/2016 09:30
29/03/2016 18:30
Europe/Madrid

 

O vindeiro día 1 de Marzo comezará o prazo de Admisión de Matrícula, e para isto queremos aportarvos os seguintes datos:

 

Prazas ofertadas polo CEIP de Vite

 

Curso

Unidades

Prazas libres

Reservadas para alumnado NEAE

4º infantil

1

22

3

5º Infantil

1

0

 

6º Infantil

1

0

 

1º Primaria

1

1

3

2º Primaria

2

19

 

3º Primaria

1

6

 

4º Primaria

1

1

 

5º Primaria

1

1

 

6º Primaria

1

8

 

 

Prazos de Presentación

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de Marzo e segue até o día 20. En adición, o día 29 de marzo (martes) tamén se poderá entregar a documentación.

As Zonas de Influencia que nos tocan son as seguintes: LIGAZÓN

O noso IES de adscrición é o Xelmírez II de Santiago de Compostela.

Lembrade que só podedes entregar UNHA solicitude, na que podedes pedir varios coles. Pero repetimos: SÓ UNHA solicitude, no centro que prefirades. Todas aquelas parellas que compartan tutela, pero que non esteades casadas ou no rexistro de parellas de feito lembrade que tedes que traer todo asinado POLOS DOUS TITORES LEGAIS (en caso de habelos).

No caso de ter que baremar, a documentación haberá que presentala no prazo do 1 ao 12 de Abril; o noso punto extra vai para todas as familias que solicitaran unicamente prazas na rede de Ensino Público da Xunta de Galicia.

Unha vez baremado todo, antes do 25 de Abril publicaremos unha listaxe de admitidos provisionais, ante a cal poderedes reclamar nos 5 días hábiles posteriores a esa publicación.

 

A listaxe definitiva de admitidos publicarase o 15 de Maio, para que logo xa poidades formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de Xuño.

 

Tedes dúbidas? Queredes pasarvos en persoa?

O vindeiro MÉRCORES 24 de FEBREIRO faremos un pequeno grupo, entre as 12:45 e 13h. Unha vez reunidos, amosarémosvos as nosas instalacións e a nosa oferta para que valoredes se vos apetece formar parte da nosa Comunidade Educativa. 

A primeira e segunda semanas de Marzo tamén faremos outras sesións de portas abertas. Se non vos cadran as horas chamade! Sempre podemos tentar buscar un oco no noso horario!

Entroido

05/02/2016 14:30
11/02/2016 09:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias:

O venres será o noso Festival de Entroido, e estades todos e todas convidados. Abriremos as portas ás 12:30, seguiremos co desfile (no pavillón) para logo facer degustación dos produtos típicos de Entroido que aportedes (no salón de Actos).

Animámosvos a vir disfrazados (de choqueiros) e participar con nós da festa.

Lembrámosvos que as festas duran dende o 6 até o 10, así que volvemos o xoves 11 ao cole.

(Lembrade tamén que, se queredes levar aos vosos peques ANTES da hora de saída teredes que asinar un permiso de retirada... Se queredes xa telo listo para logo non saturar a conserxería sería perfecto)

Powered by Drupal - Design by artinet