Curso para as Familias!

O Centro Autonómico de Formación e Innovación, dentro das súas actuacións, ofrece ás familias a posibliidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), na rúa Lamas de Abade s/n en Santiago de Compostela.
 
Para facer a inscrición cómpre mandar un correo electrónico a cafi.centros@edu.xunta.es antes do día 2 de abril, no que deben indicar nome completo e dni da persoa asistente. A selección das persoas participantes farase por estrita orde de recepción das solicitudes, ata cubrir 20 prazas dispoñibles.
 

Nota informativa

Benqueridas familias.

Hoxe queremos facer notar a importancia das recomendacións médicas. 

É normal que en certas épocas os membros da comunidade educativa se vexan atacados por doenzas varias, moitas delas provocadas por virus. Estes virus teñen unha incidencia e duración variable, sobre todo dependendo do doente: nalgúns teñen máis perigo que noutros.

De todos é ben sabido que contamos con alumnado en Alerta Escolar, alumnado que polas súas características é máis sensible a verse afectado por estas patoloxías. 
Por isto nos vemos na obriga de pregarvos que, no caso de que haxa síntomas víricos no alumnado, tomedes as debidas medidas (médico de cabeceira, medicinas, debido repouso e recuperación na casa), porque, de asistir ao centro en condicións de infección vírica, estamos poñendo en risco a outras persoas.

Isto é un exercicio de civismo, respecto e sentido común. 

Moitas grazas.

Becas MECD

Lembramos a ligazón para solicitar becas para alumnado NEAE:

 

 

 

https://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html

 


Prazo até o 28 de setembro!

Libro de Sociais de 3º de Primaria

Algunhas familias fixéronnos notas que a edición do 2014 do libro de Vicens vives de Ciencias Sociais está descatalogada e sacaron libro novo. O novo ISBN sería 9788468237893.

 

Sinalamos que os do Fondo de Libro que temos nós son da edición "vella". 

 

Sentimos as molestias.

Reunión de 4º de Infantil

05/09/2017 11:00
Europe/Madrid

Lembrámosvos que mañán, 5 de setembro, ás 11 da mañán é a reunión dos novos de 4º de Infantil coa profe Alicia na súa aula. 

Recollida de Libros do Fondo

06/09/2017 12:00
06/09/2017 13:30
Europe/Madrid

Informamos a todas as familias de 3º, 4º, 5º e 6º que poden pasar a recoller os libros do fondo que fosen adxudicados neste horario:

 

MÉRCORES 6 de SETEMBRO 

12h-13:30h

 

Quen non poida pode recollelos a partires do luns 11, preferiblemente o martes 12 de 16:30 a 17:30.

 

 

Peche en Agosto

01/08/2017 00:00
31/08/2017 23:59
Europe/Madrid

O CEIP de Vite permanecerá pechado ao público durante o mes de Agosto. Só estará aberto para a renovación da carpintaría de aluminio de baños e tres aulas.

 

Quen queira contactar por calquera motivo poderá facelo por medio do correo electrónico do centro ou dos membros do equipo directivo.

 

Bo verán.

Axudas Libros de Texto e Material Escolar

05/07/2017 11:47
10/07/2017 14:00
Europe/Madrid

Xa temos os cheques de Axudas preparados.

 

O prazo para vir a recollelos é dende hoxe mércores até o luns 10 de Xullo en horario de 9:30 a 13:30h.

Hoxe mércores 5 de Xullo poderedes vir tamén en horario de 16:30 a 18h.

Non publicamos as listas por considerar que os datos económicos son sensibles e persoais.

 

No caso de que non veñades a recoller os cheques estes estarán ao voso dispor en Setembro.

Fondo solidario de libros de texto

05/07/2017 09:09
07/07/2017 14:00
Europe/Madrid

Procedemos a publicar as listaxes provisionais do Fondo de Libros para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Contra esta listaxe provisional hai 2 días para presentar reclamacións.

 

LISTA DE ADMITIDOS

 

LISTA DE EXCLUÍDOS

 

A entrega dos libros asignados será en Setembro. O resto deberá ser adquirido polas familias.

Reunión de 4º de Infantil 2017/18

29/06/2017 10:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias recén chegadas,

 

O vindeiro XOVES 29 de XUÑO, ás 10:30 da mañá, poderedes asistir a unha reunión para coñecer de primeira man á titora Alicia, o Plan de Acollida, as instalacións e as normas básicas para o vindeiro curso 2017/18.

Agardámosvos no cole para ese día.

Powered by Drupal - Design by artinet