UN PEQUENO AGASALLO PARA VÓS! :
(Acompañado da música de O sonoro Maxín)
https://www.youtube.com/watch?v=pk4t6Rv7-5A
UN PEQUENO AGASALLO PARA VÓS! :
(Acompañado da música de O sonoro Maxín)
https://www.youtube.com/watch?v=pk4t6Rv7-5A
O vindeiro 3 de abril, a partir das 15:00 h poderedes acceder as cualificacións dos vosos fillos e fillas a través da aplicación ABALAR MÓVIL, que deberedes descargar nos vosos dispositivos. Se alguna familia ten dificultades para o emprego desta aplicación debe comunicarllo á titora ou titor mediante correo electrónico.
PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA APLICACIÓN NA SEGUINTE LIGAZÓN:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
NESTES DÍAS ESTAMOS A FACER UNHA ACTIVIDADE EN COLABORACIÓN CUN DOUTOR QUE ESTÁ A TRABALLAR NO EQUIPO DE URXENCIAS DO CHUS, AMIGO DO PROFE MARCOS. NÓS ESCRIBÍMOSLLES CARTAS AOS PACIENTES INGRESADOS POR CORONAVIRUS E ELES FANLLO CHEGAR.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS E OS SANITARIOS POLO TRABALLO QUE ESTADES A FACER SEMPRE E ESPECIALMENTE NESTES DÍAS, COIDANDO DA NOSA SAÚDE!!!!
DENDE O CEIP DE VITE 1 MANDÁMOSVOS TODAS AS NOSAS FORZAS E ÁNIMO!!!
É MOI IMPORTANTE QUE TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE NON NOS TEÑADES INDICADO UN ENDEREZO DE CORREO ELECTRÓNICO ATA O DE AGORA NOLO COMUNIQUEDES O ANTES POSIBLE PARA PODERMOS ESTAR EN CONTACTO CO ALUMNADO E QUE POIDAMOS CONTINUAR ACOMPAÑÁNDOOS NO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
PODEDES REMITIR ESES CORREOS AO ENDEREZO DO COLE, INDICANDO NOME DO ALUMNO/A DE DA TITORA PARA FACERLLO CHEGAR:
ceip.vite1@edu.xunta.es
TELÉFONO DE ATENCIÓN DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
DE 10,00 A 13,00 H:
881867834
DURANTE O TEMPO NO QUE AS ESCOLAS SE MANTEÑAN PECHADAS PARA O ALUMNADO, O CONTACTO CO PERSOAL DOCENTE SE MANTERÁ EN TODO MOMENTO MEDIANTE OS CORREOS ELECTRÓNICOS REMITIDOS ÁS FAMILIAS, NOS QUE SE RESOLVERÁN AS CUESTIÓNS PERTINENTES.
O equipo directivo.
AMPLÍASE PROVISIONALMENTE O PRAZO DE PRESENTACIÓN TELEMÁTICA E PRESENCIAL DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NOS CENTROS EDUCATIVOS, QUE FINALIZARÁ UNHA SEMANA DESPOIS DO INICIO DAS CLASES.
RECOMÉNDASE A UTILIZACIÓN PREFERENTE DA MODALIDADE TELEMÁTICA PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
As circunstancias excepcionais que estamos a vivir pola epidemia do coronavirus implican un reto para
toda a sociedade.
Todo o profesorado, como profesionais da educación que somos, implicarémonos para que o noso
alumnado traballe nas súas casas durante o tempo que dure esta situación. É un reto importante que
intentaremos utilizar para mellorar a vida dos peques nesta situación que, seguramente, será moito máis
dura para eles que para nós.
Tamén para facilitarvos, ás familias, toda a axuda que poidades necesitar no referido as tarefas escolares.
Nos próximos días iredes recibindo as propostas de aprendizaxe a través do correo electrónico e/ou dos
blogues (podedes acceder desde a web; na pestana “OS NOSOS BLOGUES”).
A través destas canles o alumnado e/ou as familias poderán manter comunicación para solventar dúbidas,
presentar traballos e non desconectar da vida académica (comunicaremos correo electrónico de todo o
profesorado que incide no grupo correspondente).
Así mesmo desde o equipo directivo intentaremos canalizar o mellor posible as vosas dúbidas a través docorreo electrónico do centro ceip.vite1@edu.xunta.es.
Esperamos volver pronto, mentres tantot eremos contacto virtual!
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2020
O equipo docente
DEBEDES ESTAR PENDIENTES DA PÁXINA WEB DA ESCOLA POR SE HOUBERA NOVOS CAMBIOS
O EQUIPO DIRECTIVO
IMPORTANTE MEDIDAS PREVENTIVAS CORONAVIRUS!!!
Debido ao comunicado emitido polo Presidente da Comunidade Autónoma nos medios de comunicación, a partires de mañá 13 de marzo de 2020 recoméndase que o alumnado non acuda aos centros educativos e a partir do luns 16 de marzo, suspéndense as actividades lectivas e extraescolares en tódolos centros, coma medida PREVENTIVA. Deberedes estar pendientes da nosa páxina web, na que iremos comunicando a información precisa, sobre a nova data de inicio destas actividades.
O equipo directivo
Inicio de escolaridade ou cambio de centro!
IMPORTANTE: só unha solicitude na que é posible incluír, por orde de preferencia, diferentes centros educativos.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión por parte das familias será entre os días 1 e 20 de marzo.
As familias interesadas poden recoller os impresos na secretaría do centro.
Tamén se pode facer a través de internet (as instrucións anuais da Dirección Xeral están colgadas no menú AXUDA da ferramenta admisionalumnado).
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |