Axudas do Concello para o comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Ligamos o Boletín Oficial de Provincia onde se publica a convocatoria de axudas para o curso que vén.

 Anuncio

 Nota de Prensa

Bases para participar

 

 

Nota Aclaratoria: Fondo de Libros e Axudas de Libros e Material

Aí van varios puntos importantes:

 

  • Prazo: do 23 de Maio ao 23 de Xuño.

 

  • Alumnado ao que afecta:
    • Fondo solidario: para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º, e 4º de Secundaria
    • Axudas para Libros de Texto: 1º e 2º de Primaria
    • Axudas para Material Escolar: toda Primaria e Secundaria

 

  • Solicitudes:
    • Están na Orde, ou tedes modelos na mesa na entrada do colexio.
    • Entrégase unha única solicitude para todos os fillos SEMPRE que estean matriculados no mesmo centro no curso 2017-18.
    • Se hai fillos que están no colexio e outros pasan para o instituto ENTÓN haberá que entregar unha solicitude no CEIP e outra distinta no IES.
    • O mesmo caso se os fillos están en dous CEIPs diferentes.
    • Autorizando  a revisión de DATOS na solicitude tan só haberá que entregar, a maiores (artigo 13 de Orde), copia do Libro de Familia. 
    • Hai outros documentos xustificativos que poderedes entregar (ou autorizar para a súa comprobación) nos artigos 12 e 13.
    • Aínda que o prazo remata o 23 de Xuño canto antes entreguedes, mellor.
    • Todos os beneficiarios de material do Fondo ou das Axudas de Libros do curso 2016-17 deberedes devolvelo antes do 23 de Xuño ao centro para a súa incorporación ao Fondo Solidario do 2017-18.

IMPORTANTE: Orde para participar no Fondo Solidario de libros de texto, e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

23/05/2017 09:30
23/06/2017 14:30
Europe/Madrid

Pasamos ligazón á Orde, publicada onte no DOG.

Xa temos no centro formularios de solicitude que podedes recoller. 

O prazo é dende hoxe 23 de Maio até o 23 de Xuño.

 

17 de Maio

17/05/2017 00:01
Europe/Madrid

 

 

Carlos Casares

Conciliación: Escolas de Verán 2017

Escolas de verán 2017. Programa municipal de conciliación

Inscrición do 15 ao 29 de maio 
 

Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e do tempo de lecer, ademais dun apoio e recurso para facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal das familias no tempo de vacacións, que se desenvolverán en instalacións dos CEIP As Fontiñas e Raíña Fabiola.


Os destinarios son nenos e nenas escolarizados en centros de educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

As quendas son as seguintes:

 

1ª Do 26 de xuño ao 30 de xuño de 2017 (5 días)

2ª Do 3 ao 7 de xullo de 2017 (5 días)

3ª Do 10 ao 14 de xullo de 2017 (5 días)

4ª Do 17 ao 21 de xullo de 2017 (5 días)

4ª Días 24, 26, 27, 28 e 31 de xullo de 2017 (5 días)

5º Días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro de 2017 (6 días).

 

As familias poderán escoller quendas ou días soltos.

 

Horarios e servizos:

 

Servizo de almorzo: De 7,45 ás 16,00 h.

Obradoiros e actividades: de 9 a 14 horas.

Servizo de xantar: de 14 a 16 horas.

 

Máis información:

 

Tel: 981 55 44 00 -01   Fax: 981 57 15 11 

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal    www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/
 

Prazos de inscrición e matrícula:

Do 15 de maio ao 29 de maio de 2017

 

Ficha de inscrición e matrícula:

Descargar en www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/

 

Inscricións: 

Entregar a ficha de inscrición no Rexistro xeral ou auxiliar do concello de Santiago.

Admisión Definitiva

Procedemos a publicar a Admisión Definitiva de Alumnado.

 

Lembrámosvos que podedes consultar os seguintes pasos nesta LIGAZÓN.

Reunións Trimestrais

Estimadas familias:

As reunións trimestrais de titoría serán:

Martes 2 de Maio: 16:30 (4º e 5º de Infantil e 2ºA Primaria) / 17:30 (4º e 5º de Primaria)

Martes 9 de Maio 16:30 (1º Primaria) / 17:30 (6º de Primaria)

Os grupos de 6º de Infantil,  2ºB e 3º de Primaria terán a reunión máis adiante por decisión das titoras.

 

Grazas e un saúdo.

Listaxe Provisional de Admitidos curso 2017-18

Procedemos a colgar no taboleiro de novas e na web as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2017-18. Podedes acceder aos PDFs nos adxuntos a esta entrada (abaixo á dereita) ou clicando na imaxe.

Agardaremos prudencialmente a calquera reclamación e antes do 15 de Maio, tal e como di a orde, publicaremos a listaxe definitiva.

 

 

Nova Directiva da ANPA

A ANPA do cole infórmanos que, tra-la renovación dos seus cargos directivos, os postos quedan así:

- Presidente: Jose Soto

- Vicepresidenta: Uxía Maceira

- Secretaria: Eva Baltar

- Tesoreira: Maria Gigirey

- Vogal: Javier Espiña

- Vogal: Milagros Mourelle

- Vogal: Begoña Nieto

- Vogal: Raquel Bernárdez

 

 

Sorte na nova andaina; e ás familias que entrades novas ou que non coñezades á ANPA: elas son as persoas que interceden e debaten con vós no Consello Escolar e ante outras administracións ou organizacións. Sempre é bo ter o seu contacto para que nos transmitan as queixas, tiróns de orellas e, porqué non, algunha felicitación que teñades para o persoal do cole.

Admisión 2017: Admisión Provisional

Procedemos a publicar as cifras de admisión con respecto ás solicitudes para o curso 2017/18. A lista completa de admitidos provisionais será publicada en breve, pero como podedes comprobar ningún dos grupos precisará baremación, así que todas as solicitudes foron aceptadas

Quedamos á espera de que Inspección Educativa nos envíe alumnado que solicitou Vite de segunda ou terceira opción, e de alumnado que solicitou centro fóra de prazo. 

 

Nivel

PRAZAS TOTAIS

PRAZAS OFERTADAS

SOLICITUDES

en prazo

Admisións Provisionais

4ºINF

25

22 (+3 reserva NEAE)

19

19

5ºINF

25

10

1

1

6ºINF

25

2

1

1

1ºPRIM

25

1

 0

-

2ºPRIM

25

4

 0

-

3ºPRIM

50

20

1

1

4ºPRIM

25

6

1

1

5ºPRIM

25

1

 0

-

6ºPRIM

25

0

 0

-

Powered by Drupal - Design by artinet