Documentación académica (FAMILIAS DE 6ºEP)

Benqueridas familias de 1º da ESO (wink),

Xa podedes pasar a polos historiais académicos en horario de 10 a 13h, dende hoxe até o día 5 de xullo.

Moitas grazas, e un saúdo

O Director

Libros de Texto 2019/20

Na barra superior laranxa podedes consultar a libros de texto do curso 2019/20. 

IMPORTANTE: Transporte Escolar 19/20

Benqueridas familias usuarias do transporte escolar.

Queremos lembrar, como cada ano, que os usuarios que NON teñan dereito de uso (é dicir, os usuarios excepcionais) deberán solicitar de novo a PARADA correspondente.

Podedes usar a solicitude por escrito que temos no centro OU mandar un correo electrónico ao centro facendo a solicitude con NOME do alumno e NOME da PARADA.

Quen precise modificar a parada tamén pode usar os mesmos métodos.

 

Grazas.

REUNIÓNS e VISITAS

28/06/2019 10:30
Europe/Madrid

Familias de 4º de Infantil 2019/20:

Pola presente quedades convocados a unha reunión de carácter informativo coas docentes do equipo de Infantil do CEIP de Vite, na que se fará a presentación do persoal así como das dinámicas que se implementarán o vindeiro curso.

Pregamos a vosa asistencia o VENRES 28 de XUÑO ás 10:30h no recibidor do centro.

 

Resto de Familias que vides o ano que vén ao cole por primeira vez:

Se precisades ver as instalacións de novo, ou pasarvos para preguntar calquera dúbida, o horario de verán será aproximadamente de 9:30 a 14h de luns a venres.

 

Lembrade que a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

Grazas, e un saúdo.

 

O Director

Formalización de Matrícula

20/06/2019 09:30
30/06/2019 14:30
Europe/Madrid

Achegamos os modelos que tedes que cumplimentar para a formalización de matrícula no centro

 

LIGAZÓN

 

Tamén temos modelos para recoller na secretaría do centro.

Recordatorio Fondo de Libros e Material Escolar

15/06/2019 08:46
21/06/2019 14:30
Europe/Madrid

Esta semana remata o prazo, e hai familias que non o presentaron.

Esta mensaxe é, sobre todo, para as familias que van estar de 3º a 6º de Primaria: SOLICITADE IGUALMENTE. Porque, de sobrar libros, teredes a posibilidade de que vos toque algún do Fondo. Se non facedes a solicitude estades automaticamente descartados e teredes que mercalos ou ver se alguén volos empresta.

 

O prazo remata o 21 de xuño.

Bolsas do comedor e material escolar do Concello

Lembrade que o prazo para solicitar as bolsas remata o 14 de xuño. As bases están na web do Concello.

 

 

Fondo de libros e Material 2019/20

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 e o extracto (DOG 20 de maio), que regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar cunha renda per cápita igual ou inferior a 9000€, en garda ou tutela pola Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2019/20 cunha renda per cápita igual ou inferior a 9000€, cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou en garda ou tutela pola Xunta.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR para alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€, cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou en garda ou tutela pola Xunta.

    
 
Só se presentará unha solicitude para todos os fillos/as matriculados ou admitidos nun mesmo centro; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2019/20.

 As solicitudes poderán presentarse en secretaría até o día 21 de xuño, incluído.

Poderedes presentalas tamén por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros, pero tamén se poden presentar en físico nos centros docentes.       

Podedes consultar toda a información na páxina web do colexio e en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Achegamos o modelo como arquivo PDF.

Admisión definitiva curso 2019/20

No arquivo adxunto achegamos a relación do alumnado admitido na listaxe definitiva.

Queremos sinalar que esta lista NON É FINAL, é dicir, os que nela están relacionados SI están admitidos no centro; pero a comisión de escolarización, que se reunirá en moi breve espazo de tempo, poderá enviar a máis alumnado ao noso centro se estes quedaron sen praza noutros centros da contorna.

Obviamente, as familias deste alumnado serán debidamente informadas do seu centro de destino final.

Pequenas colaboracións

Algo que sempre pretendimos foi colaborar coas insitucións que temos arredor: CSC, Auditorio e, especialmente, USC por medio de Maxisterio. Polo centro vai pasando ao longo do ano alumnado en prácticas (ás veces moito menos do que petimos á USC) pero tamén colaboramos doutros xeitos.

Nestas ligazóns tedes máis información: 

http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/actualidade/2019_05_06b.html?fbclid=IwAR15QA_OD2KjAh6OZ_ZOV5U8pYgw56z4HNbcn-sUWq52KMcBJy2kB3Nmxo4

http://xornal.usc.gal/xornal/acontece/2019_05/noticia_0030.html?fbclid=IwAR2PlFOorVw8s7FLGMl8nFEOoxg3rR_pALmrskl10kibhXN8Z1oCBVMSKSM

 

Grazas!

Powered by Drupal - Design by artinet