REUNIÓNS e VISITAS

28/06/2019 10:30
Europe/Madrid

Familias de 4º de Infantil 2019/20:

Pola presente quedades convocados a unha reunión de carácter informativo coas docentes do equipo de Infantil do CEIP de Vite, na que se fará a presentación do persoal así como das dinámicas que se implementarán o vindeiro curso.

Pregamos a vosa asistencia o VENRES 28 de XUÑO ás 10:30h no recibidor do centro.

 

Resto de Familias que vides o ano que vén ao cole por primeira vez:

Se precisades ver as instalacións de novo, ou pasarvos para preguntar calquera dúbida, o horario de verán será aproximadamente de 9:30 a 14h de luns a venres.

 

Lembrade que a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

Grazas, e un saúdo.

 

O Director

Powered by Drupal - Design by artinet