Fondo de libros e Material 2019/20

Publicada a Orde do 3 de maio de 2019 e o extracto (DOG 20 de maio), que regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar cunha renda per cápita igual ou inferior a 9000€, en garda ou tutela pola Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2019/20 cunha renda per cápita igual ou inferior a 9000€, cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou en garda ou tutela pola Xunta.
  • AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR para alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€, cunha discapacidade igual ou superior ao 65% ou en garda ou tutela pola Xunta.

    
 
Só se presentará unha solicitude para todos os fillos/as matriculados ou admitidos nun mesmo centro; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2019/20.

 As solicitudes poderán presentarse en secretaría até o día 21 de xuño, incluído.

Poderedes presentalas tamén por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros, pero tamén se poden presentar en físico nos centros docentes.       

Podedes consultar toda a información na páxina web do colexio e en http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Achegamos o modelo como arquivo PDF.

Powered by Drupal - Design by artinet