Solicitantes de Admisión: Listaxe provisional de Admitidos

Como ben sabedes a listaxe provisional leva colgada dende o mes pasado no taboleiro do centro e xa enviamos correos a todos os solicitantes, pero colgamos as listaxes de admitidos tamén na web (mirade os dous adxuntos a esta entrada) por se hai dúbidas.

Aínda non podemos colgar a listaxe definitiva debido a que o programa aínda non o permite. Sinalo que DEBE estar lista antes do 15 de maio, como di a Orde, polo que aínda hai tempo. Pero, como xa explicamos anteriormente, todos os solicitantes obtiveron praza, así que non vos preocupedes.

Lémbrovos tamén que, unha vez colguemos a listaxe definitiva e nos envíen a listaxe de prazas subsidiarias (os que quedaron fóra doutros centros e os reubican en Vite), o proceso terá como paso seguinte a formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño. 

 

Avisaremos de todo puntualmente.

 

-O Director

AdxuntoTamaño
prazasAsignadas_1905040735_c17777f0-a025-4708-b28e-78326cdc2f50.pdf110.76 KB
prazasAsignadas_1905040735_fb248211-17ef-463a-ae3e-1af0f4ceef2c.pdf65.01 KB

Powered by Drupal - Design by artinet