Festival Atlántica

"Os contos de fadas van alén da verdade. Non porque digan que os dragóns existan realmente, senón porque nos din que poden ser derrotados"

-Neil Gaiman

Hai algo atávico na narración oral; algo que nos transporta á prehistoria, a aqueles narradores que, ao redor do lume, contaban historias de heroes, monstros e grandes fazañas.

Este ano convidáronnos ao Festival internacional de narración oral Atlántica. Os nosos grupos de 1º e 2º poderán disfrutar o vindeiro venres 15 da versión de Pepepérez de A Bela Dormente, acompañada da Banda Municipal de Música de Compostela, no Auditorio de Galicia.

Tamén haberá outras actuacións por todo Santiago: no noso CSC teremos a Laura Escuela, de Tenerife, contando unha "Animalada".

 

Powered by Drupal - Design by artinet