Folga 8M

08/03/2019 00:00
08/03/2019 23:59
Europe/Madrid

En previsión da folga convocada para este 8 de marzo, esta dirección informa:

O transporte escolar, madrugadores e comedor funcionarán con normalidade.

O centro abrirá en horario lectivo, e contará cuns servizos mínimos que consistirán en:

  • O director
  • Unha coidadora
  • A bedel

A actividade lectiva non será a normal para un venres, e buscarase facer agrupamentos dependendo do número de docentes e de alumnado.

En caso de que as familias consideren secundar a folga cos seus fillos e fillas, traerán o vindeiro día lectivo a falta xustificada correspondente.

 

-O director

Powered by Drupal - Design by artinet