Solicitude de Praza curso 2019/20

01/03/2019 09:30
20/03/2019 14:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias,

O prazo de solicitude de prazas escolares para o curso 2019/20 comeza o 1 de marzo e remata o 20 dese mesmo mes. Tedes aquí toda a información (LIGAZÓN).

Para poder presentar unha solicitude tedes que:

  1. Cubrir esta instancia (LIGAZÓN)
  2. Traer documentación acreditativa de idade e filiación (copias do libro de familia) 
  3. Entregalo todo en prazo na secretaría do centro a algún membro do equipo directivo (importante!).
  4. Importante: Se na instancia os 3 primeiros centros que solicitades son PÚBLICOS, sumarás +1 punto en caso de que haxa que facer baremación (artigo 19-i da Orde do 12 de marzo do 2013).

Lembrade que este ano cadra o Entroido e o San Xosé (todos NON lectivos) durante o prazo.

VACANTES (a día 18 de Febreiro 2019; pode haber cambios se entra alumnado novo para este curso, ou se hai alumnado que se dea de baixa)
Curso Vacantes (RESERVADAS en caso de Necesidades Educativas Apoio Educativo; artigo 3.2 da Orde do 12 de marzo 2013)
INF4º 25 (das que se reservarían 3 para NEAE)
INF5º 1
INF6º 8
PRIM1º 9 (das que se reservarían 3 para NEAE)
PRIM2º 23
PRIM3º 0
PRIM4º 3*
PRIM5º 15
PRIM6 3*

 *Número modificado por matrícula extraordinaria

 

Powered by Drupal - Design by artinet