Proceso de reserva de praza (só 6º Primaria)

01/02/2019 09:30
15/02/2019 14:30
Europe/Madrid

Tal e como falamos na reunión do luns 28, o proceso de reserva de praza para o IES Xelmírez II comezará o 1 de febreiro e durará até o 15 de febreiro. Aqueles que queiran RESERVAR a súa praza deberán entregar nese período o modelo de ANEXO I da Orde do 25 de xaneiro do 2017.

 Aquelas familias que queiran unha copia poderán solicitala no colexio sen compromiso. Podedes descargar o modelo tamén desde esta ligazón.

No caso de que teñades dúbidas ou dificultades á hora de cumplimentar o modelo, preguntade tanto á titora coma ao equipo directivo para que non haxa problemas nin incidencias.  

Lembrade

  • Só afecta ao alumnado de 6º de Primaria que queira ir ao IES Xelmírez II
  • O prazo de entrega é do 1 ao 15 de febreiro
  • Entrégase na secretaría do CEIP de Vite

Unha pregunta típica por parte do resto das familias do centro é "e nós temos que entregar algo?": a resposta é NON. Calquera alumno entre 4º de Infantil e 5º de Primaria ten a praza garantida en virtude do artigo 9.1 da Orde do 12 de Marzo do 2013, polo que non necesita entregar nada para continuar connosco.

AdxuntoTamaño
ED550A-G (boa).pdf1.04 MB

Powered by Drupal - Design by artinet