Normas do aparcamento

Normas do Aparcamento do CEIP de Vite.

 

O Aparcamento refírese a todo o espazo entre as dúas cancelas automáticas. O aparcamento ten unhas normas moi estritas de uso onde os vehículos permitidos son, por prioridade:

1. Autobuses do servizo da Consellería. Teñen que ter capacidade de entrar, facer a rotonda da árbore pola esquerda e quedar mirando ao exterior do centro sen que ningún vehículo estorbe o paso. O microbús para mobilidade disfuncional DEBE poder entrar até o espacio posterior á cancela pequena. Ningún vehículo poderá ocupar a zona estreita impedíndolle o paso.

2. Vehículos do persoal do centro: teñen unha prazas reservadas e poden aparcar en calquera outro lugar do aparcamento que non incumpra o punto 1.

3. Vehículos de familias co distintivo de “discapacidade”: teñen 2 prazas na zona estreita.

 NON se deben ocupar NUNCA as prazas dos puntos 2 e 3, especialmente polas mañáns e en horario de martes pola tarde.

4. Vehículos das familias do centro NON PODEN APARCAR NIN MANOBRAR DENTRO DO RECINTO ESCOLAR, nin no momento da entrada nin da saída. Deberán aparcar en zonas exteriores do centro. Existe unha zona reservada fronte a entrada principal do centro.

 

O incumprimento deliverado e reiterativo destas normas será considerado ruptura da convivencia.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet