Educación e atención sostible

24/11/2018 16:30
24/11/2018 17:15
Europe/Madrid

Benqueridas familias,

Como ben sabedes o noso centro conta con alumnado moi variado, e facemos o posible para atendelo cos recursos cos que contamos. Pero, como ben sabedes tamén, só somos o segundo chanzo nunha escaleira moi longa; unha escaleira que comeza na gardaría e que, para o alumnado NEE, pode rematar aos 21 anos nun centro específico e, de aí, á carencia de centros para asistir. 

Para algúns destes futuros exalumnos e as súas familias o porvir pode ser complexo e, por isto, algunhas familias de diversos centros se reunirán o vindeiro sábado 24 de novembro diante do CEGADI, na rúa Xosé Chao Rego de Santiago, de 16:30 a 17:15h para facer visible a mensaxe dunha educación inclusiva e sostible a longo prazo.

 

Un saúdo.

Powered by Drupal - Design by artinet