Guía de como actuar

Sabes como actuar cando hai un problema no cole?

O Plan de Convivencia, aprobado por todos os representantes da Comunidade Educativa, é claro: se tes un problema, unha dúbida, unha queixa... os pasos a seguir son os seguintes:

 

1º Paso- Falar coa titora do teu fillo ou filla (se o que queres consultar é sobre un especialista, fala coa titora e ela concertará unha cita co profesorado especialista en cuestión).

Se con isto non hai unha solución que consideres favorable, pasamos ao...

2º Paso- Falar co Equipo Directivo. Quizáis eles, tras enterarse de cal é o problema, poidan solucionalo por outras vías, xa que temos contacto con Inspección, o Concello, Departamento de Persoal da Xunta. 

Buscaremos, dentro do centro, solucionar dúbidas, inquedanzas, problemáticas na convivencia. Xa por medio do equipo docente, xa por medio de medidas tomadas dende o Consello Escolar. É importante mesmo que faledes coa ANPA, xa que é un órgano que vos pode informar e axudar.

Sempre, ademais, podedes facer unha solicitude formal e presentala por rexistro na secretaría do centro.

Se, dado o caso, considerades que dende o centro non se atopou unha solución, pasaredes ao...

3º Paso- Contactar con Inspección Educativa e os órganos superiores de Educación. Este paso é xa cando vedes que os pasos 1º e 2º non funcionaron.

 

Agardemos que, dado que somos un centro pequeno, poidamos arranxar as cousas dun xeito cercano e humano. Saltar os pasos non consegue nada más que a ruptura da convivencia, crear máis problemas para o centro e, probablemente, divisións onde non debe habelas. Se queremos que se nos tome en serio como centro, actuemos coma un centro serio.

 

Coa esperanza de que esta guía valga de algo,

Pablo Fernández Otero

Director do CEIP de Vite

Powered by Drupal - Design by artinet