Formalización de Matrícula

20/06/2017 09:30
30/06/2017 13:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias,

 Queremos lembrarvos que o vindeiro día 20 e até o 30 de Xuño quedará aberto o prazo para que formalicedes as vosas matrículas. No instituto o prazo é do 25 de Xuño ao 10 de Xullo.

É importante lembrar a todos aqueles que solicitáchedes cambio de centro que, dende o momento en que estades admitidos noutro que non sexa Vite, perdedes automaticamente a vosa praza aquí e, se non formalizades, poderedes perder ambas (Orde do 12 de Marzo do 2013, artigo 9.4 " Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe." e artigo 40.3 "Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida").

O Documentos a entregar son os mesmos do ano pasado:

 

Copia do ANEXO III-1 de matrícula de Infantil e Primaria da Orde do 12 de marzo 2013.

Ficha de Datos do alumno/a

Enquisa de Idioma cuberta só no caso de Educación Infantil (lembrade que a lingua propia de Galicia é o Galego, e que é unha pena non conservar tremenda herdanza)

Tres fotografías estilo carné

Fotocopias de 
Libro de Familia* DNIs de todos os Titores Legais Cartilla de Vacinas Tarxeta Sanitaria do Alumno/a

DNI do Alumno/a*

(se o ten)

 *Só se non o presentáchedes na solicitude de praza

Powered by Drupal - Design by artinet