Nota Aclaratoria: Fondo de Libros e Axudas de Libros e Material

Aí van varios puntos importantes:

 

  • Prazo: do 23 de Maio ao 23 de Xuño.

 

  • Alumnado ao que afecta:
    • Fondo solidario: para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º, e 4º de Secundaria
    • Axudas para Libros de Texto: 1º e 2º de Primaria
    • Axudas para Material Escolar: toda Primaria e Secundaria

 

  • Solicitudes:
    • Están na Orde, ou tedes modelos na mesa na entrada do colexio.
    • Entrégase unha única solicitude para todos os fillos SEMPRE que estean matriculados no mesmo centro no curso 2017-18.
    • Se hai fillos que están no colexio e outros pasan para o instituto ENTÓN haberá que entregar unha solicitude no CEIP e outra distinta no IES.
    • O mesmo caso se os fillos están en dous CEIPs diferentes.
    • Autorizando  a revisión de DATOS na solicitude tan só haberá que entregar, a maiores (artigo 13 de Orde), copia do Libro de Familia. 
    • Hai outros documentos xustificativos que poderedes entregar (ou autorizar para a súa comprobación) nos artigos 12 e 13.
    • Aínda que o prazo remata o 23 de Xuño canto antes entreguedes, mellor.
    • Todos os beneficiarios de material do Fondo ou das Axudas de Libros do curso 2016-17 deberedes devolvelo antes do 23 de Xuño ao centro para a súa incorporación ao Fondo Solidario do 2017-18.

Powered by Drupal - Design by artinet