Breve con respecto á Reserva, Solicitude de Admisión de Prazas e Formalización de Matrícula.

Breve explicación sobre os procesos de Reserva, Solicitude de Admisión de praza e Formalización de Matrícula.

 IMPORTANTE (1/2/2017): Xa temos a Orde de Admisión 2017-18, podedes consultala nesta ligazón. Procedemos a cambiar os documentos de Reserva e Admsión actualizados.

  • RESERVA DE PRAZA: A reserva a deben facer os alumnos de 6º de primaria que pasan ao IES Xelmírez II. É o noso centro adscrito e non hai outra opción de RESERVA. Implica que esa praza é do alumno e ten dereito a ela por pertencer ao CEIP de Vite.

Os modelos de reserva se entregarán ao alumnado e serán devoltos á titora; o equipo directivo comprométese a levalos ao IES sempre que se entreguen completos en tempo e forma.

O prazo é do 1 ao 15 de Febreiro

No caso de que non se faga esta reserva a praza reservada no IES Xelmírez II PÉRDESE.

 DOCUMENTO DE RESERVA

 

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE PRAZA: Para todos aqueles que soliciten centro no nivel de 4º de Infantil (3 anos) o proceso vai do 1 ao 20 de MARZO. Todos aqueles que queirades abandoar o CEIP de Vite, ou solicitar praza no noso cole para o curso que vén deberedes entregar no centro que prefirades a SOLICITUDE de praza en tempo e forma, no mesmo prazo.

Todos aqueles que estean escolarizados neste curso 2016/17 e soliciten outro centro para o curso 2017/18 NON PERDEN a praza que teñan. De non obter praza no centro ao que queiran cambiar simplemente quedan como estaban.

Lembrade que só se pode presentar UNHA solicitude con todos aqueles colexios que prefirades. 

O prazo, repetimos, é o 1 ao 20 de MARZO.

 IMPORTANTE para os de SEXTO: Todos aqueles que reserváchedes praza pero que finalmente cambiedes de opinión e prefirades solicitar noutro IES, ANTES de solicitar debedes retirar a reserva contactando co Xelmírez II. De non facelo perderedes tanto a reserva como a nova solicitude!

DOCUMENTO DE SOLICITUDE

 

  • ADMISIÓN: O proceso de admisión abrangue dúas fases:

- ASIGNACIÓN de praza: na que recollemos todas as solicitudes e comprobamos que teñamos vacantes suficientes. De non telas, teriamos que baremar todas as solicitudes e admitir ou non admitir aos alumnos segundo o seu baremo. Contra esta baremación poderedes presentar recurso se non estades de acordo. 

NOTA: O Consello Escolar do CEIP de Vite resolveu, dentro do artigo 9.3i do Decreto 254/2012 (Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, e que terán que facerse públicos polos centros con anterioridade ao inicio do proceso de admisión: 1 punto de baremo.) adxudicar ese punto a todas aquelas solicitudes nas que os TRES primeiros centros que se soliciten sexan da rede de centros públicos dependentes da Consellería de Educación.

A lista provisional de admitidos e excluídos presentarase no muro de informacións do colexio e na páxina web antes do 25 de ABRIL

- ADMISIÓN definitiva: despois de reunirse a comisión de presentarase unha lista definitiva de admitidos antes do 15 de MAIO.

 

  • FORMALIZACIÓN: o proceso de formalización de matrícula será o momento en que realmente o alumno é matriculado no centro, adquirindo a súa praza definitivamente. O proceso vai do 20 ao 30 de XUÑO.

DOCUMENTO DE ADMISIÓN AO CEIP DE VITE

DOCUMENTO DE ADMISIÓN NO IES (PARA SEXTO)

 

Sinalamos que dende este ano poderedes tamén facer todos estes trámites vós mesmos usando o portal da Xunta de Galicia (www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Powered by Drupal - Design by artinet