Nadal

22/12/2016 00:00
09/01/2017 09:30
Europe/Madrid

Benqueridas familias:

De novo estamos no Nadal, e con el veñen as notas. Lembrade que son unha comunicación da situación xeral do alumnado, non un motivo nin de vergonza nin de castigo... nin tampouco de premio sen control. Facemos o que podemos polos nosos alumnos, así que non xulguedes duramente antes de contrastar o valor das notas con titoras e especialistas. 

Lembrade tamén que en ABALAR Móbil teredes acceso ás mesmas por medio dos vosos móbiles.

As vacacións durarán dende hoxe até o LUNS 9 de Xaneiro do 2017, día no cal nos incorporaremos con pilas cargadas, moitos libros e contos lidos, sitios visitados e cousas novas aprendidas extraídas de experiencias en familia.

 

Agradecemos especialmente a vosa presencia no festival, e a representación teatral e convite do Apalpador por para da nosa ANPA, que os nenos e nenas disfrutaron moito. 

Pasade boas vacacións; vémonos o ano que vén!

 

PS: Lembramos que hoxe, 21 de Decembro, a biblioteca permanecerá pechada en horario de tarde. 

Grazas.

Powered by Drupal - Design by artinet