Presentación do Proxecto ELISA (para Infantil)

20/12/2016 17:15
Europe/Madrid

Benqueridas familias da Etapa Infantil.

O Claustro tivo a ben aceptar a proposta da Universidade de Santiago de Compostela de implementar no centro o Proxecto ELISA (Estudo Lonxitudinal para unha Infancia SAudable). Colaboraremos coa Facultade de Psicoloxía para facer un seguimento de alomenos tres anos deseñando accións que promovan o benestar no noso alumnado, centrándonos no ámbito da personalidade e dos problemas emocionais e de conduta na infancia, tando prevención coma corrección.

Vós tamén podedes colaborar como familia neste proxecto se o considerades oportuno. 

As encargadas do proxecto estarán con nós o MARTES 20 de Decembro ás 17:15h, e alí poderedes escoitar a proposta e preguntar cantas dúbidas teñades.

Agradecendo de antemán a vosa colaboración,

Un saúdo.

 

Ligazóns:

https://www.facebook.com/proxectoELISA/

 http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_10/noticia_0023.html

http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/udipre/ELISA.html

AdxuntoTamaño
CARTA COLABORACIÓN PARA PAIS.pdf260.44 KB
Poster ELISA.pdf329.31 KB

Powered by Drupal - Design by artinet