Pechando o curso

01/08/2016 00:00
30/08/2016 23:59
Europe/Madrid

Pechamos o curso 2015-16 con varias informacións:

Atención ao Público: Non haberá atención ao público en agosto. 

Libros de Texto: os libros do Fondo serán repartidos, seguindo o artigo 22.1 da Orde, ao inicio do curso. A segunda semana de setembro estableceremos día e horas de recollida dos libros.

Cheques e Historiais Académicos: Hai familias que non os recolleron. Terán que agardar ao 2 de setembro ou posteriormente para recollelos.

Equipo Docente: O día 1 de setembro, ás 10h, faremos unha reunión de Claustro para presentarnos, facer as adscricións e recibir informacións varias.

Consello Escolar: A finais da segunda semana de setembro faremos unha reunión de Consello, a primeira do curso.

 

Pasade un bo agosto e cargade pilas para o vindeiro curso 2016/17

Powered by Drupal - Design by artinet