Despedida do Curso

22/06/2016 09:30
Europe/Madrid

O 22 de xuño despediremos o curso 2015-16 con diversas actividades. Pregamos que esteades antentos aos horarios e ás  peticións que vos facemos.

 

O horario será o habitual, de 9:30 a 14:30. Por motivos de organización todo o alumnado agardará até a hora habitual de saída (que será cando se poidan entregar as notas) para marchar

 

Nas primeiras horas contaremos, por un lado, cun obradoiro gastronómico nun autobús-cociña para os de 1º e 2º; polo outro cun festival adicado ás Letras Galegas. Estas actividades serán internas (só para alumnado)

 

Despois do recreo, ás 12:30, terá lugar a entrega de diplomas para o alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria, xa que uns pasan a 1º de Primaria e outros a 1º da ESO, á que estades convidadas só as familias deses dous grupos.

 

A partires das 13h comezará o tradicional picnic de despedida ao que, agora si, estades todos os membros da Comunidade Educativa convidados. Para que nos escoite ben todo o barrio, ensaiade un pouco o tema "Catro Vellos Mariñeiros", que cantaremos todos e todas despois do picnic!

 

Pregamos que os que poidades vir a andar, veñades. O autobús-cociña ocupará bastante espazo, e xa sabemos como se pon o aparcamento nestes días. Por iso, insistimos, procurade aparcar fóra ou vide andando, por favor.

Lembrade tamén que o profesorado ten sempre preferencia para aparcar.

 

 

Importante: o mércores 22 de xuño a biblioteca do centro estará pechada en horario de tarde.

Powered by Drupal - Design by artinet