Inicio do proceso de Formalización de Matrícula

20/06/2016 09:30
30/06/2016 14:00
Europe/Madrid

Informamos de que dende o vindeiro 20 até o 30 de xuño poderedes formalizar matrícula todos aqueles que así o solicitáchedes ou que fúchedes derivados ao CEIP de Vite pola comisión de Escolarización.

No cole temos todos os documentos, pero se queredes traer o traballo feito da casa comentámosvos o que tedes que traer:

 

Copia do ANEXO III-1 de matrícula de Infantil e Primaria da Orde do 12 de marzo 2013.

Ficha de Datos do alumno/a

Enquisa de Idioma cuberta só no caso de Educación Infantil (lembrade que a lingua propia de Galicia é o Galego, e que é unha pena non conservar tremenda herdanza)

Tres fotografías estilo carné

Fotocopias de 
Libro de Familia* DNIs de todos os Titores Legais Cartilla de Vacinas Tarxeta Sanitaria do Alumno/a

DNI do Alumno/a*

(se o ten)

 *Só se non o presentáchedes na solicitude de praza

 

Horario de Atención ao Público

Todos os días de 9:30 a 10:20

Luns, Mércores, Xoves e Venres de 13:40 a 14:30

 

Powered by Drupal - Design by artinet