Fondo Solidario de Libros de Texto e Adquisición de Material Escolar

17/05/2016 00:00
23/06/2016 14:30
Europe/Madrid

Xúntase a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

Prazo para presentar solicitudes
  •  O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
  •  O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.

DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE:

Solicitude cuberta e fotocopia do Libro de Familia. Fotocopia do DNI e copia da renda se non autorizas a que a Administración consulte os teus datos.

 

DOGA que regula o proceso

 

Plantilla para cubrir online

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet