Cambios na atención ao público

12/05/2016 09:00
Europe/Madrid

Benquerida Comunidade Educativa de Vite:

Debido a aplicación da asignación de auxiliares de administración e servizos aos centros de máis de 450 alumnos, queremos comunicarvos que, ao non contar con ese número, a nosa administrativa non volverá dende mañán xoves 12 de Maio; será asignada a outro colexio.

 

Por mor disto, esta semana a Atención ás Familias para recoller e entregar calquera solicitude ou documento estará limitada a se o equipo directivo está libre. Dado que, ademais, estamos concorrendo na Avaliación Final de Sexto, o equipo directivo terá aínda menos tempo para atendervos en condicións.

A partires do luns 16 estableceremos un horario de atención ao público no cal haxa un dos tres membros do equipo directivo libre para todo o traballo que antes facía a nosa administrativa.

 

É dicir, non sempre poderedes ser atendidos, e deberemos respectar este horario.

 

Aproveitamos para despedirnos dela, agradecerlle infinitamente a súa labor e compañeirismo, e desexarlle a mellor das sortes en todo o que emprenda. Grazas, Mónica!

 

Un saúdo a todos e todas, 

- O Director.

Powered by Drupal - Design by artinet