Conciliación en Semana Santa 2016

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NOS CEIP AS FONTIÑAS E RAÍÑA FABIOLA

Dende o 5 de Marzo está aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar de Semana Santa, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 21,22, 23 e 28 de marzo nos CEIP Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola, de alcanzarse o número mínimo de participantes requirido.

Poden participar nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos.

A inscrición realizarase a través do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación, nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.

OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS

Ademais, durante as vacacións escolares de Semana Santa as escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños ofrecen ás familias, con nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos e empadroados en Santiago de Compostela,  un servizo complementario de Obradoiros.


Achéganse 4 documentos de inscrición (abaixo á dereita da nova, en "4 adxuntos")

Máis información:

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Tfno.: 981 554 400 

dptoeducacion@santiagodecompostela.org    

www.santiagodecompostela.org

AdxuntoTamaño
IMPRESO MATRÍCULA PROGRAMA CONCILIACION CEIP.pdf123.02 KB
IMPRESO SOLICITUDE OBRADOIROS.pdf90.54 KB
INFORMACION INSCRICIÓN E MATRICULACIÓN.pdf109.66 KB
INFORMACIÓN OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTIS.pdf94.42 KB

Powered by Drupal - Design by artinet