Admisión de Alumnado: Reserva de Praza

Comeza o vindeiro 1 de Febreiro o periodo de Admisión de Alumnado, coa Reserva de Prazas en centros de adscrición.

Nesta LIGAZÓN tedes toda a información, pero imos a pararnos nalgúns dos puntos:

1.- Os que xa estades matriculados no cole, e queredes continuar viaxe con nós o curso que vén, non tedes que facer nada: todos e todas, de 4º de Infantil a 5º de Primaria tedes praza reservada con nós o vindeiro curso (artigo 9.1).

2.- Os que estades en 6º de Primaria si que debedes reservar praza no noso IES de adscrición (que segue sendo o Xelmírez II). O Xelmírez I comparte rúas con nós, pero non estamos adscritos a el.

Para as familias de 6º de Primaria: coma noutros anos comprometémonos a recoller as vosas reservas de praza e subilas en persoa ao instituto. Vós cumplimentade o documento que nós faremos o resto.

 

O prazo vai do 1 ao 15 de Febreiro. 

Powered by Drupal - Design by artinet