Abalar Móbil

Nas reunións do pasado martes saíu o tema da conectividade entre toda a Comunidade Edicativa. Como ben sabedes, o Equipo Directivo ten ao voso dispór un correo que procuramos que sexa de atención rápida ante calquer aviso que non sexa urxente (para urxencias mellor chamar ao teléfono do cole).

Pero o que non sabían moitos é que existe unha aplicación na que nos acaban de dar de alta, que é Abalar Móbil: unha útil aplicación que vos permite, dende calquera aparello con internet, acceder aos datos dos vosos fillos e fillas. Principalmente valerá para saber as faltas de asistencia e mesmo xustificalas, ou as notas de cada trimestre; pero paulatinamente implementaremos a posibilidade de pedir citas de titoría e recibir avisos mandados polo Centro directamente ao voso móbil de xeito masivo. 

Dádenos tempo para actualizarnos, que non deixa de ser un bo avance, pero un avance ao que nos teremos que afacer. E, se vós tamén queredes ser Papás e Mamás 2.0, xa sabedes!

A ligazón para Abalar Móbil é ESTA. Lembrade que NON É SÓ para as aulas Abalar: é para todo o cole.

Para telo dispoñible no móbil podedes descargar a aplicación de xeito gratuito dende o Google Play ou a Apple Store, por exemplo.

Powered by Drupal - Design by artinet