RECOLLIDA CHEQUES LIBROS DE TEXTO/MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

Informamaos que xa podedes pasar a recoller os cheques de libros (1º,2º EP) e material escolar ata o día 19 de xullo (excepto e mércores día 10 de xullo) en horario de 10 a 13h. 

De non recollelos nestas datas, poderase recoller no mes de setembro.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2019-20(CON LIBROS ASIGNADOS)

Publicamos as listaxes definitivas. En setembro entregaremos os lotes asignados.

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (1º a 6º)

Adxuntamos ligazón á listaxe provisional de axudas para adquisición de material escolar.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS FONDO DE LIBROS 3º-4º-5º-6º EP

Listaxe de alumnado admitido/excluído no fondo de  libros de texto e/ ou material escolar para o curso académico 2019-2020

Calendario Escolar 2019/20

Compartimos a publicación do calendario escolar do curso 19/20.

 

LIGAZÓN!

Documentación académica (FAMILIAS DE 6ºEP)

Benqueridas familias de 1º da ESO (wink),

Xa podedes pasar a polos historiais académicos en horario de 10 a 13h, dende hoxe até o día 5 de xullo.

Moitas grazas, e un saúdo

O Director

Libros de Texto 2019/20

Na barra superior laranxa podedes consultar a libros de texto do curso 2019/20. 

IMPORTANTE: Transporte Escolar 19/20

Benqueridas familias usuarias do transporte escolar.

Queremos lembrar, como cada ano, que os usuarios que NON teñan dereito de uso (é dicir, os usuarios excepcionais) deberán solicitar de novo a PARADA correspondente.

Podedes usar a solicitude por escrito que temos no centro OU mandar un correo electrónico ao centro facendo a solicitude con NOME do alumno e NOME da PARADA.

Quen precise modificar a parada tamén pode usar os mesmos métodos.

 

Grazas.

REUNIÓNS e VISITAS

28/06/2019 10:30
Europe/Madrid

Familias de 4º de Infantil 2019/20:

Pola presente quedades convocados a unha reunión de carácter informativo coas docentes do equipo de Infantil do CEIP de Vite, na que se fará a presentación do persoal así como das dinámicas que se implementarán o vindeiro curso.

Pregamos a vosa asistencia o VENRES 28 de XUÑO ás 10:30h no recibidor do centro.

 

Resto de Familias que vides o ano que vén ao cole por primeira vez:

Se precisades ver as instalacións de novo, ou pasarvos para preguntar calquera dúbida, o horario de verán será aproximadamente de 9:30 a 14h de luns a venres.

 

Lembrade que a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

Grazas, e un saúdo.

 

O Director

Formalización de Matrícula

20/06/2019 09:30
30/06/2019 14:30
Europe/Madrid

Achegamos os modelos que tedes que cumplimentar para a formalización de matrícula no centro

 

LIGAZÓN

 

Tamén temos modelos para recoller na secretaría do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet