Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Xaneiro 14, 2017
Start: 14/01/2017 16:30

Abrimos a Escola de Nais e Pais do barrio de Vite con dúas actividades:

A primeira será unha mesa redonda sobre o uso das tecnoloxías da información e comunicación por parte dos nosos fillos. Os medos ao que poidan ver, acceder, compartir, sufrir... Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía da USC, será o noso convidado no CEIP de Vite o vindeiro 14 de Febreiro ás 16:30 horas. Estades todos convidados. 

A segunda será unha conferencia sobre prevención de adiccións no IES Xelmírez II a cargo da psicóloga Mª José Blanco Freire, o 22 de Febreiro ás 18h

 

Martes Xaneiro 24, 2017

As reunións relativas ao 2º Trimeste terán o seguinte horario:

 

MARTES 24 de XANEIRO

Clase

16:30

17:30

PRIM-6º

 

X

PRIM-2ºa

X

 

PRIM-2ºb

X

 

INF-4º

X

 

INF-5º

 

X

INF-6º

 

X

     

 

MARTES 31 de XANEIRO

 

Clase

16:30

17:30

PRIM-5º

x

 

PRIM-4º

x

 

PRIM-3º

 

x

PRIM-1º

 

x

 
   

 

Coma sempre as reunións serán nas aulas correspondentes do grupo e coa titora. 

 

Martes Xaneiro 31, 2017
Start: 31/01/2017 17:30

O víndeiro MARTES día 31 de XANEIRO ás 17:30h teremos unha sesión de portas abertas para todos aqueles que queirades visitar o noso centro.

Nesta reunión, especialmente indicada para as familias interesadas no 4º curso de Educación Infantil pero aberta a calquera que busque cambiar de centro, falaremos da organización interna, normas e proxectos que levamos a cabo.

 

O lugar de reunión será o recibidor do centro, onda os bancos de madeira (consultade coa bedel se tedes dúbidas).

 

Powered by Drupal - Design by artinet