Skip to Content

Novas tic

Reunión Informativa Robótica

mbot

 

Recordámosvos que o vindeiro mércores, día 21 de marzo ás 16.00 celebrarase unha reunión informativa sobre o desenvolvemento do proxecto de robótica:

Obradoiro de Robótica, Ola Mundo!

 

 

 

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA CON NAIS/PAIS/TITORES 

Data: 21 de marzo

Hora: 16.00

Lugar: Aula de Música

Dirixido aos pais/nais/titores de 5º e 6º de EP

Contidos: Desenvolvemento do proxecto, metodoloxía, actividades e proxectos realizados.

Normativa: Resolución do 12 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa "Introducción á robótica educativa en primaria"

Plans de Formación Permanente do Profesorado en Centros Educativos Públicos.

 

O C.E.I.P. Vistahermosa únese á "HORA DO CÓDIGO"

Mañá venres o noso colexio levará a cabo "A Hora Do Código", dentro da semana das Ciencias da Computación.Esta actividade realizarase ao longo de todo a mañá e para todos os alumnos do nosos centro, dende 3 anos ata 6º de E. Primaria.

Que é a Hora do Código?

A Hora do Código é unha introducción dunha hora de duración as Ciencias da Computación, diseñada para amosar que todo o mundo pode aprender a programar e así comprender os fundamentos básicos da disciplina.

Dende aquí tamén queremos invitalos a participar acompañando aos seus fillos durante esta actividade. O único requisito e comprobar na táboa as horas da celebración por grupos e achegarse ata o centro 10 minutos (aprox.) antes de que o grupo do seu fillo ou filla vaia comenzar a actividade.

Grupo Hora Aula
1º e 2º de Primaria De 9:00 a 10:00 aprox. Aulas ABALAR
3, 4 e 5 anos. Infantil De 10:00 a 11:00 aprox. Por determinar
4º, 5º e 6º de Primaria De 11:00 a 12:00 aprox. Aulas ABALAR
3º de Primaria de 12:00 a 13:00 aprox. Aulas ABALAR

Preme na imaxe para comenzar "A Hora do Código"

Hora do Código

O vindeiro venres pola tarde, día 11 de decembro, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) organizan dentro da semana da Educación en Informática un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 17 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o programa que se adxunta.

Toda a información sobre o evento está dispoñible na páxina web da ESEI (http://www.esei.uvigo.es) e na de "A Hora do Código" (http://www.horadocodigo.gal).
 
A inscripción pode realizarse a través da web: horadocodigo.eventbrite.es
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut