Skip to Content

Comunicado Fin de Curso

 

 

Estimadas familias:

Achegamos a información sobre o final de curso:  

1.- Mañá, venres 19 de xuño, remata o actual curso escolar 2019/2020.  

2.- Poderán acceder aos boletíns de notas a través da aplicación Abalarmóbil mañá dende as 11:00 h. 

3.- As familias que desexen facer unha reclamación sobre as cualificacións ou decisións de promoción e titulación disporán de cinco días hábiles, segundo se recolle no punto 11 do capítulo IV da Orde do 22 de xullo de 1997 así como no capítulo III Artigo 11 punto 2 da orde do calendario escolar 2019/2020. 

4.- Mañá venres tamén remata o prazo de reserva de praza no comedor escolar para o alumnado que está actualmente no centro. 

5.- O alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ten que entregar os libros de texto do Fondo Libros 2019/2020 que lle foron prestados durante o curso. A devolución levarase a cabo dende o luns día 22 de xuño  ata o martes día 7 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.  

6.- Todo o alumnado do centro deberá devolver libros de biblioteca que tivera na casa e os ordenadores prestados durante o confinamento antes do día 1 de xullo.

Para calquera aclaración o dúbida poden poñerse en contacto connosco a través das canles habituais. 

Agardando que todas e todos esteades ben, recibide un cordial saúdo. 

 

Asdo.: A dirección.



story | by Dr. Radut