Skip to Content

Axudas libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021

 

A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio.


 ONDE E COMO PRESENTAR AS SOLICITUDES


  • A presentación será preferentemente por vía telemática....AQUÍ
  • A seguna opción será por vía telefónica....988231410(de 10:00 a 13:00 h).
  • Se vostede non pode presentar as solicitudes por ningún dos medios anteriores deberá acudir ao centro tendo en conta o seguinte: só poderá acceder con mascarilla e luvas, só poderá acceder unha persoa á vez polo que terá que esperar o seu turno durante un tempo indefinido. 

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES 


O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

 As ordes e a documentación:

Correción de erros:O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.


LISTAXE PROVISIONAL ADXUDICACIÓN DO FONDO LIBROS 2020/2021


Na primeira semana de xullo publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web e por medio de Abalar Móbil a data de publicación.

Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación. 


 LISTAXE DEFINITIVA ADXUDICACIÓN DO FONDO LIBROS 2020/2021 


No mes de xullo, tres días despois da listaxe provisioial publicarase no taboleiro do centro a listaxe definitiva.

Os libros serán entregados ao alumnado o primeiro día de clase do vindeiro curso. Os libros que non lle sexan adxudicados deberán mercalos as familias.


Relación de libros de texto para o curso 2020/2021:

  • Relación de libros de texto para o curso 2020/2021. (A partir do 15 de xuño) 
  • Relación de material para a aula para o curso 2020/2021. (A partir do 1 de xullo)
AdxuntoTamaño
documentoslibros20.pdf16.45 KB


story | by Dr. Radut