Skip to Content

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS. SEGUNDA AVALIACIÓN

 

Estimadas familias: 

Segundo o recollido nas “Instrucións do 27 de marzo de 2020 dirixidas ás direccións dos centros educativos...” A segunda avaliación dáse por pechada dende o momento da suspensión da actividade lectiva pola declaración do estado de alarma o pasado día 13 de marzo.

Os contidos a avaliar  corresponderán polo tanto, ata o traballado ese día, sen incluír as actividades realizadas de xeito telemático dende a entrada en vigor do mencionado estado.

Polo que, dando cumprimento ás devanditas instrucións as notas do segundo trimestre publicaranse o vindeiro venres, día 3 de abril.  

Para acceder ao boletín informativo das vosas fillas e fillos tedes que ter descargada a aplicación AbalarMóbil. Será a única forma de acceder aos boletíns de cualificacións.

 Agardando que todos e todas esteades ben, recibide un cordial saúdo.

 

As familias que aínda non a teñan descargada poden facelo seguindo as instrucións que se recollen na seguinte ligazón: 

 



story | by Dr. Radut