Skip to Content

Os garabateadores vanse á infantil

Os robots garabateadores fúganse do parque móbil cara ás clases de Educación Infantil.

  ------------------------------- 

Recto 4 metros  ras, curva ras! 

E un cento de voltas e reviravoltas máis...

Xa chegaron, estaban ben pretiño!

Móstranlle aos rapaces as súas pinturas e percorridos, "que enerxía...  nunca cansan".

Todos quedan abraiados e deciden colaborar cos pequenos cacharros pintando un fermoso cadro: augamares, peixes globo, un polbo, algas, quenllas e ata un peixe espada. A creatividade é infinita.

E tras un duro traballo colaborativo  o resultado é digno de calquera galería. Disfrutade deste fermoso fondo mariño! ;-D

 



page | by Dr. Radut