Skip to Content

Homenaxe a Ponte nas Ondas!

                   Os nenos e nenas de sexto curso do noso colexio, participaron onte xunto con 400 escolares máis na celebración do 20 cumpreanos de  PONTE NAS ONDAS!

                Con esta idea de fondo, celebrouse a gravación dun programa de radio "moi visual" e en falso directo no que actuaron escolares de diferentes centros da cidade.

               Durante case dúas horas, os rapaces escoitaron e participaron moi activamente dunha festa que quixo reproducir o espírito que moveu estes vinte anos a Ponte... nas ondas!, centrado en promover, divulgar e protexer o patrimonio, especialmente o patrimonio inmaterial e cultural galego e o que nos une aos veciños lusos. Xa pola tarde, Xurxo Souto foi o encargado de tomar o relevo a Rocío Pereira e guiar un programa no que o público pasou a estar composto por maiores, universitarios e público en xeral e no que unha vez máis a maxia que uniu a Ponte... nas ondas! durante dúas décadas volveu a saír a escena. do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo; estudantes do IES O Couto tocaron a gaita e contaron lendas de diferentes lugares; un grupo do CEIP Manuel Luís Acuña cantou “janeiras” portuguesas e rapazas da Universidade Laboral explicaron o traballo que realizan de recuperación da tradición, entre outras moitas actuacións.

             Con eles tamén estiveron portadores da cultura tradicional, como Florencio de Arboiro, que lle ensinou en directo aos asistentes como funciona unha roda de afiar e a tradición deste oficio; Lois Pardo, que falou dos xogos populares; María do Ceo, que cantou varias cancións lusas; O Carrabouxo, que falou en clave de humor, e David Rodríguez, alcalde de Manzaneda, que comentou a tradición dos folións no Entroido ourensán acompañado por un deles. 

               Tocaron a gaita e a pandeireta, cantaron cancións tradicionais galegas e portuguesas, contaron lendas, falaron do Entroido ourensán e moito máis. Os arredor de 400 escolares que este mércores pola mañá encheron a salón Marie Curie do campus de Ourense foron os auténticos protagonistas dunha homenaxe aos vinte anos da iniciativa educativa Ponte nas… ondas! organizada no marco das X Xornadas Interxeracionais. Xuntando portadores da cultura de onte, de hoxe e de mañá, a iniciativa converteu esta cita nunha auténtica festa na que a tradición cultural amosou o ben que se pode levar coas novas xeracións.



story | by Dr. Radut