Skip to Content

A OMIC na Escola

Con motivo da celebración, o vindeiro día 15 de marzo, do Día Mundial do Consumidor, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ourense achegouse ata o noso colexio para informar a todos os nenos e nenas dos nosos dereitos como consumidores.

Poidemos disfrutar así da obra de teatro "Un agasallo para papá", representada polo grupo Trécola Teatro.

Se queres saber máis sobre os teus dereitos como consumidor podes visitar a seguinte ligazón: Organización de consumidores e usuarios.



story | by Dr. Radut