Skip to Content

INTRODUCION

 

A  educación ten como obxectivo permitir a tódalas persoas sen excepción, que fructifiquen e desenvolvan  os seus talentos e capacidades e que cada individuo poda responsabilizarse de sí mesmo, realizar o seu proxecto persoal  e integrarse e cooperar cos demáis.
O colexio de Vistahermosa  maniféstase con esta misión  na súa tarefa particular no ámbito da ensinanza  infantil e primaria,  traballando co alumnado de  3 a 12 anos, e asume plenamente a responsabilidade  de impulsar unha ensinanza  onde os contidos fomenten o desexo de aprender, a ansia e a alegría de coñecer, así como o esforzo  e o traballo do bo facer.
Potenciamos  a Educación  en Valores: relativos ao desenvolvemento  persoal e social, para a convivencia,  a paz e a xusticia.
Tamén ten carácter prioritario a formación en valores  humanos  que conducen ao autocontrol, responsabilidade e conductas de risco.


page | by Dr. Radut